Verdegaia solicita a protección da Cova do Eixe en Seoane do Courel
A asociación ecoloxista Verdegaia vén de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel a protección da Cova do Eixe, situada no municipio lucense de Seaone do Courel, en plena Serra do Courel.
Os motivos que sosteñen esta solicitude baséanse na existencia de poboacións de catro especies de microendemismos de artrópodos, dous pseudoescorpións e dous coleópteros, nesa cavidade.
Concretamente, estas especies endémicas os dous microendemismos de pseudoescorpións cavernícolas Roncocreagris lucensis e Roncocreagris salgadoi descubertos e descritos na Revista Ibérica de Aracnología: Vol. 5, 31-VII- 2002 polo entomólogo Juan A. Zaragoza, e dous microendemismos de coleópteros, Galaicodytes caurelensis e Domene caurelensis, descritos polo entomólogo José María Salgado.
A presenza destas catro especies animais na Cova do Eixe confírelle a este lugar un elevado valor ambiental, feito que require das medidas de protección e conservación necesarias.
Xa que non nos deixan facer NADA e todo se lles vai en aparentar o que non son, e o desenvolvemento insoportable segue camiñando a bo ritmo, grazas ó Conselleiro Trapalleiro!
Xa que nada serve para nada:
¿ POR QUE NON PRANTAMOS ARBORES ?
http://www.plantemosparaelplaneta.com
Cando menos, daríamos algo de sombra…!