VIGO: 9º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
Vigo, Sábado 13 de Marzo:
Ás 00:00 h. na Sala A Farándula (Praza de Portugal)
Actuarán:
* Traspés Gaiteir@s e pandereteir@s
* O Tear de Llerena Pandereteir@s
* Gendbeat Beatbox/birimbao
* Os Vacalouras Pataca and roll
* Leo e Gabi Música tradicional
Colaboración 3 Euros
É hora de paralizar as agresións á nosa Terra!
É hora de empezar a liberar esta sociedade, que leva anos secuestrada, para que participe nos procesos de decisión que lle afectan directamente. É hora de que se teñan en conta aos colectivos sociais e á cidadanía.
Chegou a hora da demolición, de todas as aberracións urbanísticas, naves empresariais, paseos de formigón no litoral, recheos e portos deportivos, industrias perigosas e contaminantes…
É hora de que se respecte a biodiversidade da nosa Terra, o medioambiente e a paisaxe.
É hora de que se deixen de privatizar os servizos sociais. É hora de parar a especulación.
É hora de fazer respetar a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade.
Non vamos consentir máis agresións á nosa Terra.
Non vamos consentir que sigan destruíndo, privatizando ou especulando coa nosa Terra, cos nosos montes, co noso mar, coa nosa paisaxe, nin coa nosa forma de vida.
Por iso, hoxe máis que nunca, queremos dicir con voz forte e clara:
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!!!
O 21 de Marzo, tod@s á Compostela:
MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO
aś 12:00 desde a Alameda.
Pola defensa do litoral.
Por unha ordenación racional do terrtorio.
Pola soberania alimentaria e enerxética.
Por outro modelo de transporte.
http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://gnsv/
Comentarios recentes