Willy Meyer de Esquerda Unida, preguntou no Parlamento Europeo sobre o estado da denuncia de SOS Courel
A raíz denuncia nº 2005/4696, presentada por SOS Courel ante Comisión Europea, esta emprazou a España para levala ante os Tribunais de Xustiza Europeos. Pero algo alegaron dende a Xunta e do Goberno do Estado que tranquilizou as autoridades europeas.
Willy Meyer, solicitou á Comisión ver o expediente para saber das respostas das nosas Administracións e poder rebatelas, pero esta información demorouse de xeito inexplicable, polo que o parlamentario non tivo máis remedio que pedir esa información a través do propio Parlamento e así a Comisión está obrigada a contestarlle nun prazo moi breve.
SOS Courel enviou a Comisión Europea abundante documentación que deixa aos distintos e sucesivos gobernos nun clamoroso ridículo, incluídas probas audiovisuais como:
Un programa enteiro de “El Escarabajo Verde”, emitido en todo o Mundo
http://video.google.com/videoplay?docid=5924214379108117390&hl=es
Un documental pormenorizado coa opinión, entre outras, de varios científicos, Unha Lousa sobre o Courel http://www.namchefilms.es/
Estamos preparando unha nova queixa ante as Institucións Europeas, unha denuncia total; queremos que veñan delegacións ao Courel da Comisión, do Parlamento, da Oficina Antifraude, …
Porque isto para crelo hai que velo:
Mentres as canteiras medraron, algúns “politiquiños intelixentes e xenerosos” emprenderon unha destrución paralela e maliciosa co fin de que a catástrofe non tivera volta atrás, para botar as veciñas e veciños e xustificar incluso unha futura a saída da Rede Natura:
– Para non disimular, utilizaron Fondos Europeos a esgalla.
– Revolveron os montes sen piedade, con máquinas xigantes e por se non había combustible suficiente cambiaron hábitats protexidos por especies pirófitas; montaron un asombroso labirinto de pistas e cortalumes. Levantáronse varias casetas de vixilancia forestal e de seguido foron abandonadas. Xa levamos no inverno do 2009 dous incendios ( Noceda e Campelo)
– Aproveitando que había que mellorar un pouco algunhas estradas, taparon vales enteiros, entubaron ríos e regatos, estenderon entulleiras polas ladeiras ata o río Lor, non habilitaron nin un só paso para a fauna.
– Inícianse as obras e logo abandónanse, así a estrada que comunica coa autovía A6, de catorce quilómetros, en seis anos non habilitaron para o paso nin a metade.
– Xa está aprobado o primeiro parque eólico, de momento o único que incorporará publicidade do Camiño de Santiago nas torres.
Non imos parar mentres sigamos a recibir tanto ánimo e axuda.
Grazas a todas e a todos por arriscar, por sufrir, por escribir, polas imaxes, pola música, pola política xusta, ….. !
Perdoade que felicitemos a Raquel, polo grande éxito da fermosa montaxe audiovisual que ela lle regalou a súa Terra, o vídeo galego máis visto na rede
Feijoo anuncia o levantamiento da prohibición de construir na costa, un periodista da cope di que non ve estragos polas obras na costa, mais en ben ve estragos pola prohibición de construir.
E toda unha declaración de intencions, se ademais antes de comenzar xa esta anunciando cousas como facer desaparecer a Conselleria de asuntos sociais, e todo ésto antes da toma de posesión, pois quedo sen comentarios
Eu creo que ha de ter planes novos para o Courel a min dixeronme xente da zona que no Courel van a meter canteiras novas subterraneas
Pola noite oense os motores dos xeneradores electricos de obras por todas partes e ó alba podense oir as explosions das obras do ave e macro carreteras que estan por todas partes, os planes para Galicia son destructivos e importante que se fagan actividades onde o medio ambiente se reforze, casa rurais por exemplo, pero hai moitas mas ideas. O futuro economico e ecoloxico e a calidade de vida van ser penosos se non revertimos esto. Vai ser vertedero como siga así.