Willy Meyer interpelou á Comisión Europea sobre as obras no Courel
Willy Meyer interpelou hoxe á Comisión Europea sobre as obras que se están realizando na Serra do Courel, en Lugo, con fondos europeos e que presumiblemente están danando espazos protexidos.
Texto da pregunta:
“Na Serra do Courel (Lugo, Galicia) estanse levando a cabo unhas obras de restauración da zona a cargo da Xunta de Galicia e do Goberno español que ascenden a un orzamento anual duns 3 millóns de euros, subvencionados en parte por fondos europeos.
Os veciños da zona e, en particular, o colectivo SOS-Courel, denuncian que estes labores están destruíndo este bosque autóctono de enorme riqueza no que se concentran diversas especies de vexetación endémica.
As denominadas “intervencións de restauración hidrológico-forestal”, lonxe de protexer a contorna do Courel, espazo integrado na Rede Natura, están destruíndo os hábitats, posto que se están realizando de forma mecánica con grandes escavadoras no canto de manualmente, como se proxectaba.
Así mesmo, nestas intervencións procedeuse a plantar especies que non pertencen á zona, eliminando vexetación endémica.
Ante os feitos expostos:
Ten coñecemento a Comisión Europea destas intervencións de restauración hidrológico-forestal?
Cónstalle á Comisión se estes proxectos respectan a Directiva 92/43/CEE sobre conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres?
Pode informar a Comisión sobre a cantidade de Fondos Europeos destinados a estas obras?
Non considera a Comisión que a plantación de vexetación non endémica e a utilización de maquinaria pesada para a realización destes labores supón unha deterioración dun espazo natural que require a máxima protección ambiental e urbanística?”
Comentarios recentes