Xabier Cordal, escritor
“En Galicia non hai feísmo, trátase dun falso debate estético. O que hai é colonialismo, hai voracidade das grandes e pequenas construtoras fronte á indiferenza do Estado. Os plans son enriquecerse canto antes e a costa do que sexa, mesmo das propias posibilidades dun turismo rendible e racional. As consecuencias serán a destrución do medio ambiente, a destrución da estrutura produtiva, sobre todo a da pesca de baixura e do marisqueo. Os ingresos dos pequenos propietarios pola venda de terreos non servirán en absoluto para compensar a desvertebración económica, condenando as novas xeracións á precariedade no sector de servizos. Pero GALICIA NON SE VENDE, outra política é posible e así o demostra o Concello de Cangas.”
Comentarios recentes