Pages Navigation Menu

Xornadas R de Redución en Compostela

R de reduciónLogo de varias décadas de actividade do movemento ecoloxista, todo o mundo, desde o alcalde de turno ao mesmo presidente da incineradora SOGAMA, pasando por conselleiros ou directivos de empresas, saben que falar dos 3 R (Redución, Reutilización e Reciclaxe), é “políticamente correcto”. Aliás, até o plan de residuos que supuxo implantar a incineración no noso país, ou o propio Plan de Residuos que se está a elaborar arestora, marcan como unha das primeiras prioridades a redución dos residuos.

 

Porén, a experiencia vivida en Galiza e noutros lugares amosa que os poucos pasos dados cara a xestión sustentábel dos residuos foron  cara desenvolver a reciclaxe e, en moitos casos grazas á presión de sectores económicos, que a aposta pola reciclaxe supuxese un abandono dos dous primeiros R, a redución e a reutilización. Todos sabemos que non xerar lixo, ou usar productos que aínda están en bó estado vai en contra da economía, ninguén se lucra con iso.

É por iso que desde a FEG organizamos as primeiras xornadas sobre redución no noso país. Nelas contaremos con poñencias mais teóricas, onde falaremos sobre a ética da redución, o efecto da publicidade sobre o consumismo e a xeración de residuos, o traballo que se ten feito (ou non) sobre redución desde a educación ambiental, aspectos económicos… Completaremos este apartado cunhas comunicacións sobre experiencias ou iniciativas na redución, nas que participará unha representante da Fundació Catalana per a la Prevenció dels Residus i el Consum (que por exemplo, están a levar adiante unha forte campaña cara a eliminación das bolsas de plástico dun só uso en Catalunya) e tamén representantes de diversos colectivos e administracións de Galiza. Fica pendente a confirmación dalgún colectivo de Portugal.

Estas xornadas terán lugar no Auditorio do Museo do Pobo Galego (que nos cedeu amabelmente ese espazo) os días 7 e 8 de novembro.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.