Pages Navigation Menu

“Honores mutant mores”

Resposta de GNSV a Francisco Rodríguez

As declaracións de Francisco Rodríguez, mestura de burda demagoxia e inaceptábel concepto clientelar das organizacións sociais, evidencian o seu descoñecemento do que significa a REDE GALIZA NON SE VENDE, así como das razóns da multitudinaria manifestación do 17-F en Compostela.

Parece claro que o Sr. Rodríguez nin tan sequera se tomou a molestia de ler o manifesto nin o comunicado da Rede antes de facer esas lamentábeis declaracións onde fala da “falta de lealdade dos ecoloxistas afíns ao BNG” ao “apuñalar polas costas ao PSOE” (¡sic!).

A REDE GALIZA NON SE VENDE non é desleal a ninguén pois a ninguén se debe. Nin ten compromiso con ningunha formación política, nin é correa de transmisión de partido ningún.

O noso compromiso está co país, co seu ambiente e coas súas xentes, e por iso nos mobilizamos diante da pasividade dos gobernos, sexan do signo que sexan, que poñen os seus pactos e lealdades por riba dos intereses xerais da cidadanía e da terra. E facémolo con responsabilidade e transparencia, sumando colectivos e persoas de variada ideoloxía, pero que apostan por unha xestión do territorio baseada na sustentabilidade ecolóxica e na xustiza social.

Lamentamos que sexa un representante elexido polos cidadáns quen critique o dereito lexítimo destes a manifestarse na defensa dos seus intereses. E que o faga apelando á lealdade que el di deberlle aos seus socios de goberno. Esquece que hai outra lealdade violentada, a que o Sr. Rodríguez ignora cando se fala de pescadores e labregos, homes e mulleres, xoves e vellos, desexosos de vivir da terra e coa terra. E é que calquera goberno galego debería priorizar o seu compromiso coa cidadanía na procura dun cambio de políticas e dun cambio de modos que non se produciu. Un feito que estas declaracións non fan máis que confirmar.

Francisco Rodríguez intenta escorrer o vulto, como se a cousa non tivese nada que ver coa formación política que representa, cando cualifica a manifestación de puñalada polas costas ás Consellerías do PSOE. Cómpre lembrarlle ao Sr. Rodríguez que o seu partido fai parte da actual administración galega e ostenta a responsabilidade de Consellerías, como a de Innovación e Industria, con nefastas actuacións ambientais, como tamén se denunciou na devandita manifestación.

Tamén fala Rodríguez desa mobilización como “un totum revolutum” e unha “melé” de intereses variados. Non houbo “melé“, entendida como mestura, senón unha suma de persoas e de inquedanzas comúns. E tampouco aquilo foi un “totum revolutum“. Ao contrario, un exercicio de orde, madurez, sensatez, xuizo e seriedade, cualidades estas nas que non se prodigan os responsabeis políticos, máis dados á concesión de privilexios ao mundo empresarial que á necesaria protección do territorio, auténtico motor económico e garante do futuro. Ao Sr. Rodríguez só cabe aconsellarlle un pouco de modestia e memoria. “Honores mutant mores” (as honras cambian os costumes). E as ideas.

Goberne quen goberne

GALIZA NON SE VENDE

Nota: Posteriormente, o día 22, aparece na sección de cartas ao director do xornal El Pais a seguinte aclaración de Francisco Rodríguez ao artigo elaborado pola xornalista Cristina Huete. Nela desminte usar o termo “ecoloxistas afíns”, non así a cualificación que lle merece a concentración que lle parecía “un totum revolutum” e unha “melé” de intereses variados. Unha percepción antagónica entre político e xornalista que evidencia que alguén se extralimitou.

El titular de la edición gallega de su periódico del pasado día 20 sobre la posición del BNG en relación con la manifestación celebrada en Santiago el domingo 17, tergiversa totalmente mis palabras.
La información mezcla algún pequeño aspecto de mi rueda de prensa en Ourense sobre el trabajo del BNG en el Congreso con la respuesta a una pregunta específica de su corresponsal. En ella no aludí para nada a “ecologistas afines”. Tampoco hice referencia a ecologistas “no afines”, si usamos esa nomenclatura.
Manifesté que el BNG, como organización, no podía apoyar la manifestación, ya que sería una deslealtad porque está dialogando con su socio de gobierno en la Xunta para rectificar algunos aspectos del Plan Acuícola con los que discrepamos. Esto puede ser corroborado por todas las personas presentes en la rueda de prensa y en las correspondientes grabaciones de los medios audiovisuales.
Como es lógico, nunca puse en duda el derecho de los colectivos y participantes a manifestarse.
Francisco Rodríguez, portavoz del BNG en el Congreso. Santiago.

8 Comments

  1. os politicos son todos iguais o unico que buscan e silenciarnos,roubarnos e enganarnos.Sodes uns sabios fai falta moita xente coma vos para que o pobo tome conciencia de clase e unase contra aquilo q lle fai dano.UNHA APERTA,SEGUIDE LOITANDO!!!!

  2. Como no empezemos a votar a los verdes parece que todo va a seguir igual…ante la evidencia uno debía de rendirse y aceptarla pues lo contrario es quedar mal y dañar su propia imagen.
    Serán cosas de la “demo”-cracia.

  3. Sen desmerecer a importancia da movilización cidadá, coido que estades metendo a pata con este artigo. Ao día seguinte El País publicou unha carta de Fco. Rodríguez pedindo a rectificación da información aparecida en El País que vós sinalades, denunciando a manipulación que sofreron as súas verbas.

    Vaia, que estades a criticar o que El País dixo que Fco. Rodríguez dixo; non é moi rigoroso facer eso.

  4. calquera, Francisco Rodríguez desmente o de “ecoloxistas afíns” mas nom as desqualificaçons nem o intento de fazer ver que a manifestaçom ia dirigida só contra o PSOE. É umha vergonha.

  5. Honores saepe mutant mores, raro in meliores

  6. Machotes, colástesvos catro parroquias

  7. Felipe, neniño: ¿Quen se colou tantas parroquias? ¿A periodista? ¿O teu amigo Paco? ¿Sábelo ti?
    ¿E tamén sabes que os que escriben aquí arriba son todos machotes, coma dis ti? ¿E como é que sabes tanto, queridiño?
    ¿Non serás ti o que ten tendencia a pasarse de parroquias e comarcas?

  8. Non vos enfadedes que non merece a pena.

    O de Paco Rodríguez é normal: é a primeira lección que lles ven a impartir a tódolos militantes do BNG como dixo nunha entrevista concedida ó Programa Parlamento cando se despedía de Madríd.

    Agora vaise adicar a ‘FORMAR OS CADROS’ que temos en Galicia e que como todos sabemos co-lexislan ata co diaño cando de manterse no poder se trata!

    Pois nada Don Paco… que che vaia ben nas túas ‘charlas doctrinais’ e que teñas moitos ‘acólitos’ e os deixes a todos coa boa aberta do moito que fixéchedes por Galicia ‘pactando co diaño se fai falla’ porque eu xa estou moi canso de escoitar parvadas…!

    Despois de todo igual MONTAN unha operación reformista e se xunta con Ferrín para resucitar entre os dous o marxismo-leninismo que tanto lles ‘enemora’!

    Pero mentres seguides xogando á ‘alta política’ facédenos o favor de deixar un anaco de territorio para os nosos netos!!!

    Como se nota que lles gusta MANDAR !!!

Deixa una resposta a iria presa Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.