Testing O Courel: grande festa da biodiversidade no 6 de setembro
Agosto 19th, 2008. Escrito por admin en Xeral | Sen comentarios »Verdegaia, o colectivo S.O.S. Courel e Insectarium Virtual organizan o 6 de setembro unha Xornada Fotográfica Testing no Courel.
Unha xornada de testing consiste en agrupar a un grande número de persoas para que nunha zona establecida tomen o maior número de fotos dixitais. Durante todo o traxecto vanse facendo fotos da flora e a fauna invertebrada (conforman o 80% da biodiversidade). Posteriormente, un grupo formado por máis de 100 expertos categoriza a información, clasifícaa e catalógaa. Mediante esta acción os colectivos organizadores queren reivindicar a protección efectiva dunha das zonas con maior biodiversidade de Europa, gravemente ameazada polo desleixo da administración e a voracidade das empresas mineiras. Ler o resto desta entrada »
Comentar esta nova...