Pages Navigation Menu

28-30 de Outubro: Xornadas sobre o aproveitamento multifuncional dos Montes Veciñais

Non aos parques eólicosO movemento social “Pola protección da serra do Galiñeiro” organiza os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro unhas xornadas co tema “Aproveitamento multifuncional dos Montes Veciñais” que terán lugar no Centro Cultural de Vincios (Gondomar). No arquivo adxunto a esta circular figura o cartaz das mesmas co programa de actividades.

A serra do Galiñeiro, lugar senlleiro e de gran significado nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e o Morrazo é quen de acoller, unha vez máis, unha actividade social aberta ao público en xeral, a técnicos forestais e a comunidades de montes.

Dende esta plataforma consideramos que o esforzo adicado nos últimos decenios á explotación do monte unicamente para a obtención de madeiras de rápido crecemento causou o empobrecemento dos solos e unha perda alarmante da súa diversidade biolóxica. Son imprescindibles, entón, as iniciativas que tendan á recuperación ambiental e á posta en valor dende unha diversificación da produción.

As visitas guiadas dos días 28 e 30 son unha oportunidade para amosarnos diversos traballos que neste eido se están a desenvolver nesta serra; e o día 29, á tardiña, asistiremos á presentación de tres ponencias e a unha mesa redonda para achegármonos a outro modelo de xestión dos nosos montes.

Co ánimo, pois, de seguir difundindo os valores naturais, culturais, sociais e económicos da serra do Galiñeiro, convidamos á Comunidade Educativa a participar nestas xornadas.

Para máis información podedes visitar os nosos enderezos electrónicos:

www.serradogalinheiro.org
www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.