Pages Navigation Menu

Un novo buque gaseiro está previsto que entre na Ría de Ferrol, este sábado 12 de Abril, ante este feito que sería a entrada do buque nº 18 cunha perigosa carga de GNL, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou unha Concentración, ás 7 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia e posterior Manifestación até a Praza do Concello.

Sábado, 12 de Abril
ás 7 da tarde
está convocada unha
CONCENTRACIÓN
con cacerolas, buzos brancos,
camisolas vermellas, bandeiras,
ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
desde onde marcharemos en
MANIFESTACIÓN
até a Praza do Concello

Convoca:

[comitecidadan.gif]

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

Características do buque:

O LNG ABUJA (ex”Louisiana”) Foi construido por General Dynamics Quincy MA, E.E.U.U. en 1980. Ten 93.619 toneladas de rexistro bruto, 285 metros de eslora, 46 metros de manga , cun calado de 12 metros e capacidade de 126.530 metros cúbicos. En 1999 entra nos asteleiros ferroláns para reformas, sendo rebautizado polos seus propietarios, Lachmar Corporation Inc., LNG Abuja. Está matriculado en Nassau (Bahamas) e clasificado en American Bureau of Shipping. Recientemente foi adquirido porla Nigeria LNG Ltd., e posteriormente transferido a BGT. Este buque estivo reparando en Ferrol por tres veces máis, a última en 2004. Un buque vello, case 30 anos e cun historial de numerosas intervencións no seu casco e maquinaria, muitas delas dentro desta Ría. A última vez que estivo na Ría foi o pasado 12 de Marzo, tamén con GNLpara REGANOSA.

Pola nosa seguridade,
pola defensa da sustentabilidade do noso mar,
polos postos de traballo:

[Foto do CCE – comitecidadan.org]

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

_________

Enlaces Relacionados:

______________

One Comment

  1. Poño un enlace da presentación do documental O salario do silencio, en Ourense. Nel, Henrique Banet, relata algúns dos perigos de Reganosa.
    http://youtube.com/watch?v=_CIfwr7JgnY

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.