Pages Navigation Menu

A Plataforma en Defensa da Serra do Galiñeiro presentou alegacións contra o Proxecto de Parque eólico

O día 30 de novembro a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, da que forma parte “A Ría Non Se Vende” presentou a súa alegación ao Proxecto de parque eólico na citada serra. A pesar das dificultades que a Administración nos puxo, preparamos un extenso argumentario ante as distintas infracións que o proxectado polígono eólico infrinxiría na serra do Galiñeiro.

O prazo para preparar o documento de alegación foi de só un mes, do que os primeiros días non tiñamos practicamente acceso ao Proxecto, ao tratarse este de un extenso documento de centos de páxinas e planos que só podiamos consultar nas oficinas dos concellos ou da consellería de industria. O documento dixitalizado tivo que ser pedido á Xunta e conseguido con esforzo. Foi só na última semana, e cando se nos comunicou que non daban ampliación do prazo de alegacións, que nos enviaron o Proxecto en formato dixital.

Esta Plataforma conseguiu redactar en poucos días e coa adicación do tempo libre dos seus membros, un traballo máis exahustivo do que fixeron no gabinete de redacción do estudo de impacto de Terra do Vento, que nalgúns aspectos é unha redacción teórica copiada de diversas fontes e sen estudo de campo.

Os estudos de impacto son encargados como trámites, e aínda que en ocasións son estudos feitos por profesionais serios, noutros casos coa súa desidia burlan e desprezan os valores desta serra.

Queremos dar as grazas unha vez máis a toda a xente que colaborou asinando a alegación persoal pedindo a retirada do Proxecto de Parque eólica na serra do Galiñeiro. Gracias a todas e todos eles, presentamos máis de 8.000 alegacións no rexistro da Xunta.

http://www.serradogalinheiro.org

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.