Pages Navigation Menu

Até sempre, Carmelo

Carmelo Teixeiro, voceiro do Comité de Emerxencia Contra a Planta de Gas, deixounos e fíxoo como sempre quixo facelo: traballando por un mundo máis xusto.

Sempre estarás connosco.

Con profundo sentimento comunicamos o falecemento do noso querido amigo e compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, ocorrido hoxe día 5 de Febreiro, consecuencia da súa irreversible enfermidade.
Á súa esposa Victoria Fernández Paredes, a nosa compañeira, aos seus fillos Carmelo, José Ramón e Noé, familia e amigos,expresamos o noso fraternal e solidario abrazo.
Carmelo Teixeiro, Directivo desta Asociación e Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental de Ría e da vida dos seus habitantes.
Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.
O seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós – os seus compañeiros de tantos anos – sintámosnos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas.
O seu exemplo e a súa memoria compartida alentaranos sempre e estimularanos a seguir desenvolvendo cantas actividades contribúan a facer realidade o proxecto social que esta Asociación Cultural persegue.
Invitamos a toda a sociedade, cidadás e cidadáns, asociacións, entidades e institucións, a mostrar a solidariedade coa súa persoa a súa acción e o seu pensamento, participando nas súas honras fúnebres que terán lugar:
Mércores 6 de Febreiro ás 18 h. no Cimiterio de Catabais (Ferrol)
Velatorio: Tanatorio Artabria – nº 5 – (A Gándara – Ferrol)
Ferrol, 5 de febreiro de 2008.
Asociación Cultural fuco buxán

7 Comments

  1. Hay hombres que luchan un día y son buenos,
    hay otros que luchan un año y son mejores,
    hay quienes luchan muchos años y son muy buenos, pero hay los que luchan toda la vida,
    esos son los imprescindibles.

    Por Carmelo e con él…

    Vémonos en Santiago !!!

  2. Homes como Carmelo son os que nos fan sentir orgullosos de ser galegos.
    Sei que estarás con nos en Santiago o 17.

  3. Non esquecemos

  4. O grupo de Greenpeace de A Coruña lamenta progundamente a perda do noso querido compañeiro de loita Carmelo Teixeiro e quere expresar o seu máis sentido pesar a súa familia e a tódolos seus compañeiros e amigos do CEE y da Asociación Cultural Fuco Buxán.
    Polo seu espiritu de loita, o animo incansable co que contaxiaba aos de seu arredor e pola súa incalculabel categoría coma persona, sempre ocupará un rincón na nosa memoria.

  5. Sempre marchan os bos e xenerosos. De tódolos xeitos, a túa loita non será esquencida.

  6. A Plataforma Contra a Variante Interior de Noia quere manifestar o seu fondo pesar polo falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez. As nosas sinceras condolencias á familia e coñecidos.

  7. A Plataforma para a Conservación do Litoral de Bueu tamén quere expresar o seu pésar polo falecemento de Carmelo Teixeiro e transmitir as nosas sinceras condolencias a amigos e familiares.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.