Compostela, 21 de marzo, ás 12:00 na Alameda: MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO Ás 17:00 na Sala Nasa Último concerto da II Caravana reivindicativa de GNSV.
Convocatoria: Cando se cumpre un ano do cambio de goberno da Xunta, comprobamos que goberne quen goberne, gaña o produtivismo. O goberno do PP, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.
Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.
Intentan manter un modelo que non serve, que nos espreme como persoas, destroza o medio ambiente e agranda as diferencias económicas entre os pobos e entre as persoas.
A nosa lingua e a nosa cultura son menosprezadas e atacadas por un goberno que se avergoña e renega delas. A Sanidade vai camiño da privatización total. O transporte público é escaso, caro, ineficaz e está en mans privadas. As infraestruturas viarias baséanse no transporte privado contaminante e insustentábel. O noso litoral entrégase ás construtoras para o seu grande negocio especulativo. As nosas rías seguen acumulando recheos e naves industriais en primeira liña de costa e uns alarmantes niveis de contaminación. Grandes zonas costeiras son cedidas ás multinacionais piscícolas, ao mesmo tempo que a pesca industrial arrasa os océanos e o marisqueo e a pesca de baixura tradicionais van sendo desmantelados. Cultívanse transxénicos nas nosas leiras, mentres se fomenta a desaparición do noso agro. A ordenación do territorio é inexistente, o que provoca graves difrerencias entre o interior e a costa. Louseiras e mineiras estragan as zonas mellor conservadas. A política forestal promove os cultivos de especies alóctonas e invasoras que sementan o país de incendios. O urbanismo caótico proxectase en función dos intereses económicos. A xestión de residuos basease na contaminante incineración. Industrias perigosas e contaminantes seguen funcionando irresponsabelmente…
É o tempo de unirnos todos e todas e paralizar as agresións á vida e á Terra!
É o tempo de esixir a participación da sociedade nos procesos de decisión que lle afectan directamente. É hora de que se teñan en conta aos colectivos sociais e á cidadanía.
É hora de saír á rúa e reclamar outro modelo económico e social.
Tod@s a Compostela o domingo 21!!!
Pola defensa do litoral.
Por unha ordenación racional do territorio
Pola soberanía alimentaria e enerxética
Por outro modelo de transporte
Ese mesmo día ás 17:00 da tarde na Sala Nasa de Compostela, última parada da II Caravana reivindicativa de GNSV, na que actuarán: Pallasos en Rebeldía, Pandereteiras Bouba, Sacha na Horta e O Sonoro Maxín.
GALIZA NON SE VENDE!!!
Terra viva e vida digna para tod@s
3 Comments
Trackbacks/Pingbacks
- Véspera de nada » Blog Archive » Véspera de Nada apoia a manifestación de Galiza Non Se Vende, mañá en Compostela - [...] Galiza Non Se Vende: Manifestación 21 de Marzo de 2010 A Asociación Véspera de Nada decidiu sumarse no apoio…
- MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO | Sección sindical CC.OO. Pull&Bear - [...] Fuente de la noticia GALIZA NON SE VENDE!!! [...]
Parabéns pola inclusión, moi pertinente, das soberanías alimentar e enerxética. Non se pode entender a defensa do territorio sen facer defensa da enerxía que circula por el, sobre a que deberíamos ser donos.
As soberanías son populares, non nacionais, como se revindica, cando en realidade se oculta que seguirán sendo privativas.
” MERCAR A LEI OU A SÚA APLICACIÓN É CORRUPCIÓN”, o di os expertos do tema, non só os ecoloxistas.
Iso é o que está tendo lugar actualmente e unha vez máis coas MODIFICACIÓNS TAN NEFASTAS DA LEI DO SOLO, PACTADAS AGORA CO PSG QUE demostra o seu verdadeiro “modeo de desenvolvemento sustentáble”con TRAMPAS (a sabendas de que os Estudos de Impacto Ambiental fanse a medida, o urbanismo etc. está por riba da protección na LEI DA PAISAXE que temos, feito que recoñeceu o Consello da Xunta,que non serve nen para conservar as mellores,que a Comisión permite todo tipo de barbaridades na REDE NATURA ou espazos protexidos etc., mesmo a destrución e da fondos para ela en numerosos casos, sendo sangrantes as desfeitas do CABO VILANO, PORTO EXTERIOR DE FERROL, PORTO EXTERIOR DA CORUÑA CUNHA MEGA- OPERACIÓN DE ESPECULACIÓN URBANÍSTICA NUN PORTO INVIABLE ou os PLANS destrutivos a grande escala como o PLAN DE ACUICULTURA, EÓLICO, PORTOS DEPORTIVOS, RESIDUOS, MINARÍA, ETC.que afectan anumerosos espazos protexidos e de importante valor paisaxístico.
Trátase dunhas Modificacións que ata permiten VIVENDAS OU MACROEMPRESAS DE ACUICULTURA, ADEMAIS DE TODA UNHA SERIE DE INFRAESTRUTURAS AGRESIVAS OU NON AXEITADAS NOS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS OU A CEMENTACIÓN AO MÁS PURO ESTILO DO MEDITERRÁNEO QUE XAMAIS TIVEMOS ONDE SE PROXECTAN NALGÚNS LUGARES XA ANUNCIADOS MILES DE VIVENDAS EN PLENA RECESIÓN…..E, PARA COMPLETAR O SUICIDIO DO PAÍS, UN PLAN DO LITORAL QUE O DESPROTEXE ALARMANTEMENTE, É ARBITRARIO, FEITO POLOS PROMOTORESE GRANDES CONSTRUTORES ASÍ COMO POLOS MESMOS REPRESENTANTES DELES NA EN COORDINACIÓN ESTREITA COS ALCALDES (ACTUALMENTEO SR. BOROBIO XA ANUNCIA MÁIS FACILIDADES PARA CEMENTAR TODAVÍA MÁIS DISTINTOS CONCELLOS DO LITORAL…) E INCUMPLE MOI GRAVEMENTE A NORMATIVA SUPERIOR, COMEZANDO POLA LEI DE COSTAS E AS SENTENZAS DO PROPIO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL SOBRE ESPAZOS PROTEXIDOS OU SOBRE A CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DA COSTA.
MAIS A MINISTRA ESPINOSA NON PARECE IMPORTARLLE QUE POIDAN LEVAN POR DIANTE, EN GRANDE MEDIDA, A COSTA NATURAL E PROTEXIDA DA SÚA TERRA QUE QUEDABA, QUE SE APLIQUE O AXENTE URBANIZADOR OU SE EXPROPIE AOS VECIÑOS/AS PARA UNHA E OUTRA VEZ SATISFACER OS INTERESES DUNHAS MULTINACIONAIS OU DOS DO LADRILLO, AS VECES DOS MESMOS ALCALDES OU CONCELLAIS (CORRUPCIÓN LEGAL)…..O SEU MINISTERIO SEGUE FACENDO DESLINDES E DECLARACIÓNS DE IMPACTO AMBIENTAL “A MEDIDA” DE CERTOS INTERESES OU DO QUE LLES PIDEN OS ALCALDES, PRESENTANDO INFORMES QUE CONTRAVEÑEN A PROPIA LEI DE COSTAS COMO O REFERIDO AO PLAN ACUÍCOLA E MIRA PARA OUTRO LADO ANTE A DESTRUCIÓN DO RURAL E DOS ESPAZOS PROTEXIDOS, CANDO O SEU MINISTERIO TEN A TUTELA DA COSTA E PODERÍA IMPEDILO E TEN MOITO QUE DICIR NO RESTO, ACTUANDO CON RESPONSABILIDADE.T, O MESMO QUE O SEU GOBERNO. TAMPOUCO AMOSA INTERESE POR RECUPERAR OS 6 ARTIGOS E 2 DISPOSICIÓNS TERCEIRAS QUE UNITERALMENTE SEN DEBATE DE NINGÚN TIPO SE ELIMINARON NA ERA DE AZNAR….Non parece que teñamos sorte cos políticos galegos en Madrid e hai que ver o ben que se entenden todos os partidos cando se trata de destruir o litoral, espazos naturais, patrimonio ou territorio…
O FRANQUISMO SEGUE IMPERANTE NO URBANISMO E DESTRUCIÓN AMBIENTAL ASÍ COMO NA PERDA DE DEREITOS E ABUSO DE PODER.
OS ATILAS ARRASAN OUTRA VEZ PERO, NESTA OCASIÓN, SE COORDINAN MENTRES A XUSTIZA DECIMONÓNICA QUE TEMOS NON INTERVÉN DECIDIDAMENTE E CASTIGA AOS DELINCUENTES DO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL NUN ESTADO QUE XA NON PARECE EXISTIR OU QUE ALOMENOS ALGÚNS, NON SABEMOS PARA QUE ESTÁ….