Pages Navigation Menu

Concentración Parcelaria en Sto. André de Campo Redondo (Ribadavia)

Reparto ilegal de monte de mancomún, afeccións ao dominio público hidráulico, pistas que non se corresponden co proxectado, escorrentías, talas indiscriminadas de árbores centenarias ……. e a Consellería de Medio Rural liderando o proceso.

A concentración parcelaria da zona de Santo André de Campo Redondo comeza co anuncio do DOG do 19 de abril do ano 2000. Esta concentración afecta á totalidade dos terreos agrícolas, cunha extensión de 249 Ha. Dentro deste territorio hai un monte comunal de 44 Ha., chamado Coto de San Cibrao e O Baliño.

As bases definitivas da concentración parcelaria definiunas a Xunta Local o 9 de xuño de 2003 e publicáronse no DOG do 12 de agosto de 2003. Loxicamente a calificación dos terreos dependen do seu uso. É dicir, a terra cultivada vale máis que o monte, polo que a persoa que leva monte leva máis extensión para ter o mesmo valor que outra persoa que leva terra cultivada.

En principio, en ningún momento a parcelaria ía tocar o monte comunal, xa que un monte comunal non se pode dividir e repartir. Pero sen ningún aviso previo un veciño comezou a talar árbores e a preparar a terra para viñedo en monte comunal, polo que os/as veciños/as lle puxeron unha denuncia o día 12 de outubro de 2006 tanto por entrar no monte comunal como polo cambio non autorizado de cultivo de monte a viñedo.

O 26 de marzo de 2007 os/as veciños/as reiteran a denuncia a través do Seprona polo cambio de cultivo a viñedo do monte e outra o día 29 de agosto de 2007 na Garda Civil pola tala de piñeiros sen autorización en monte comunal.

Incluso os/as veciños/as recolleron sinaturas reclamando que eran maioría as persoas en contra de ocupar o comunal que as que estaban a favor. Recolleron un total de 50 sinaturas.

Pero non soamente se ocupa o comunal ilegalmente e se reparte, senón que tamén o dominio público hidráulico resulta afectado pola concentración parcelaria, xa que no monte (que practicamente todos/as os/as veciños/as que levaron terreo van facer viñedo) están facendo pozos de barrena que reducirán a chegada de auga a Santo André. Ademais, non se fixo unha canalización proxectada dentro do marco da parcelaria das augas, polo que a auga dos regatos flúe libremente (moita dela precisamente dentro de parcelas que supostamente son para cultivo de viñedo e nas que con toda esa auga correndo é obxectivamente imposible facelo) e un regato de uso público, Fondo de Vila, afectouse con catro obras de paso de formigón, polo que a Confederación Hidrográfica do Norte multou á Consellería de Medio Rural por un total de 806,40 euros e tiña a obriga de deixar todo como estaba nun prazo de 15 días. Verdegaia comprobou in situ que desde o 14 de novembro de 2007 (data da resolución da Confederación Hidrográfica do Norte) a Consellería non soamente non fixo nada, senón que o regato queda dentro de fincas privadas ás que non terán acceso ó resto dos/as veciños/as e que algúns veciños están facendo pasos e obra sobre o regato.

Este regato (Fondo de Vila), curiosamente nos últimos planos da parcelaria desaparece por arte de maxia. Por se isto fora pouco, unha casa que estaba calificada como zona urbana dentro da rústica (cousa xa de por si curiosa) e que non ía entrar como tal na parcelaria, de repente pasou a ser rústica e a repartirse na parcelaria, porque un veciño que non se identificou nin demostrou que fora o seu propietario dixo que era súa e que a meteran na parcelaria. Algúns/algunhas veciños/as avisaron á propietaria da casa e ela si que tivo que demostrar que a casa era súa para volvela quitar da parcelaria.

Pero aínda máis, supostamente despois de gastar 1.315.000 euros (palabras do director xeral de Estruturas e Infraestruturas, Xosé Carballido, nunha noticia do 14 de decembro de 2006) unhas pistas que ían ser de 8 metros de ancho son de 4 e están sen rematar, hai pistas que non levan a ningunha parte, a auga corre libremente a través de certas fincas (agora, que estamos de seca, cando chova poderán nadar nelas) inhabilitándoas para o seu uso agrícola… pero o dito, o diñeiro xa se gastou. É dicir, fíxose mal, tarde e non se acabou.

Verdegaia pregúntase como a Consellería de Medio Rural pode ser a primeira en non cumprir a legalidade (repartir un monte comunal), en permitir que se corten carballos centenarios e carballeiras máis novas para facer viñedos en toda a aldea de arriba á abaixo, que se corte todo o monte de piñeiros e se cambie o uso do terreo dado como monte (e polo tanto máis extensión), todo isto despois de que os/as veciños/as puxeran reiteradas denuncias e de que aínda actualmente haxa un xuízo pendente.

Verdegaia cre que a ordenación territorial e a dinamización do rural non consiste en deixar unha aldea sen masa forestal que equilibre o uso agrario nin en permitir ilegalidades en pro dunha concentración parcelaria mal comezada desde o antigo goberno do PP en Ribadavia e na Xunta e mal continuada en lugar de arranxala por parte do PSOE e do BNG tanto na Xunta como en Ribadavia.

3 Comments

  1. totalmente de acordo co voso artigo, pero nunca ca vosa forma de actuar no ribeiro (nin ca dos principais grupos ecoloxistas galegos). Decideme si non canto monte desaparecera no concello de carballeda de avia polo macro receptor de residuos do sur de galicia? ou que pasou co conselleiro de medioambiente para que vos fiedes da SUA PALABRA y asi deixar na estacada a toda acomarca? pra quen creedes que pode sre bo ese basureiro? ou para vos os residuos industriais non son lixo? . despois de tanta pregunta a gran afirmacion da xente da miña comarca e : QUE PENA QUE ESTO NO LO INTENTASE HACER EL P.P.

  2. O da concentración parcelaria parece unha pelicula de ciñe negro dos anos 30-40. Unha planificación mal feita , irregularidades…. e todos tan contentos. Pero estou dacordo con flix . A zancadilla que se lle fixo a xente da comarca a dous dias da manifa non ten nome. Fallaron a nivel humano e iso foi o que mais doeu. ¿ como se pode chamar a unha macroplanta de todolos refugallos do sur galego incluidos industrias e perigosos ? Dito petardo pensan instalalo nunha carballeira que segun o delegado de medioambiente en Ourense e monte queimado , por ali pasa o regato de maquians que abastece o concello de Ribadavia e desemboca a dous km no rio avia en pleno parque fluvial e perto da desembocadura do miño . Total dous charquiños de nada . A poboación a menos de 2 km e os recintos escolares a 1600m , donde estuan 1000 nenos e rapaces de toda a comarca do Ribeiro. Para que seguir falando…..

  3. INFORMACION CERO, TALANTE CERO, OCULTISMO DIEZ

    !!!!! Han iniciado la tramitación administrativa del Parque de Residuos de Carballeda sin avisar a los ciudadanos ni a las asociaciones ecologistas del Ribeiro.!!!!!!!!

    QUE NO TE ENGAÑEN

    QUE NO TE OCULTEN INFORMACION

    Ayúdanos a conseguir que la Administración se entere de que los ciudadanos del Ribeiro tenemos derecho a decidir sobre un proyecto de tanta trascendencia para nuestro futuro.

    Firma con nosotros para exigir que se someta el Proyecto a Evaluación Ambiental Estratégica como único instrumento para conocer los verdaderos riesgos que puede originar en la salud de la población, el medio ambiente y la economía de la comarca antes de que sea demasiado tarde.

    Presenta tus propias alegaciones en cualquier registro público (dirigido a la Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible de la Consellería de Medio Ambiente) o pásate por nuestro local sito en la Plaza Mayor de Ribadavia donde están a tu disposición nuestras alegaciones.

    !!!!Apresúrate. El plazo se acaba el lunes 14 de enero de 2008!!!!!

Deixa una resposta a flix Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.