Concentracións diarias diante de Caixanova polas obras de Massó
A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende”, ven de organizar, durante todos os dias da pasada semana, concetracións informativas diante da oficina central de Caixanova, en Vigo, pola implicación que ten esta empresa financieira nas obras do porto deportivo de Massó en Cangas.
O PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ é un atentado contra a ría de vigo promovido por Caixanova, socio maioritario de Marina Atlántica.
Ocupación lámina de auga: 212.348 m2; Recheos: 40.000 m2
CAIXANOVA, accionista maioritaria, pretende aquí o maior pelotazo urbanístico de Galicia Os beneficios netos para os promotores estarían entre 250 e 300 millóns de euros (entre 40.000 e 50.000 millóns de pesetas). Así se explica o cúmulo de irregularidades, ilegalidades e o escurantismo administrativo de todo este proxecto desde o seu inicio. E tamén a manipulación informativa e a durísima represión contra quen amosa a súa oposición ao mesmo.
A zona mariña de Massó que pretende estragarse coa construción do porto deportivo é unha das zonas de maior riqueza biolóxica da Ría de Vigo. Os seus fondos de maërl, protexidos pola UE, son especialmente ricos en biodiversidade e constitúen unha zona de alevinaxe de moitas especies.
Nela faenan arredor de 500 persoas e dalí tense sacado máis dunha tonelada de ameixa nun só día. Pero tamén polbo, camarón, navalla, ostra, centola, ourizos…
En terra este proxecto busca especular con 200.000 m2 para a construción de vivendas de luxo, hoteis e un centro comercial. Moitos deses metros cadrados son de dominio público, outros zona industrial e unha boa parte está cualificada como espazo natural protexido: Espazo Natural Barra–Cabo home.
Os portos deportivos privatizan o litoral para uso duns poucos. Levan aparellados recheos e dragados e destrúen a riqueza biolóxica. A banda sur da Ria de Vigo, de Bouzas a Rande, está bioloxicamente morta. A ribeira norte, o Morrazo, constitúe o corredor biolóxico que permite o equilibrio do fráxil ecosistema natural da ría. O proxecto de Massó cortaría este corredor e suporía un paso máis na degradación da marabilla natural que é a ría. 500 familias mariñeiras veríanse privadas dos seus lexítimos recursos (recursos que están sempre aí, ano tras ano, xeración tras xeración) e todas e todos nós seríamos despoxados dunha zona natural e pública de incalculable valor.
2 Comments
Trackbacks/Pingbacks
- Reganosa Demolizón » Concentracións diarias diante de Caixanova polas obras de Massó | Contra reganosa - [...] Tirado de galizanonsevende.org: [...]
preguntarlle a san gabriel polo seu pasado franquista.eu teño un documento que o pon no seu sitio a este vago e embaucador ademais de chaquetero.queremos progreso e traballo e non guerras
Ese documento en Cangas o coñece todo o mundo, miña opinión é que é a condolencia máis sarcástica que pode haber da morte de Franco, pero Sangabriel é un persoaxe controvertido que hai que coñecer ben.
Bótalle un ollo ao que pensa del o autor do primeiro comentario da ligazón que che axunto:
http://vigoblog.blogspot.com/2009/07/masso_22.html