Contra a depredación do país polos que se lucran co lume
Arde Galiza. Un ano máis arde a nosa terra. Milleiros de hectáres dos nosos montes son pasto das lapas prendidas por pirómanos pagados por poderes económicos sen escrúpulos e consentidos polos gobernos autonómico e estatal.
Arde o país, porque existen muitas causas e moitos intereses espurios detrás dos lumes forestais:
-
Os grandes beneficios que o baixo prezo, incluso a gratuidade, da madeira queimada aporta á industria das celulosas e ás empresas madereiras.
-
Os beneficios especulativos que esperan obter as empresas e corporacións locais, estatais e multinacionais por medio de proxectos urbanisticos, canteiras, proxectos mineiros, parques eólicos, macrocultivos forestais e enerxéticos e todo tipo de explotacións industriais localizadas en chan inicialmente catalogado como rústico protexido, e cunha tasación económica moi baixa, de cara a súa posterior recalificación e expropiación.
-
O insensible e irresponsabel desprezo dos poderes públicos polos valores ambientais, culturais, sociais e económicos do monte.
-
O desmatelamento da Galiza rural e da Galiza mariñeira decretado pola unión Europea e servilmente acatado por quen se autodefinen indignamente como servidores públicos.
-
A cega e irresponsabel consideración do monte como unha exclusiva fonte de grandes beneficios económicos a curto prazo, sexa pola súa ocupación urbanística ou pola súa explotación industrial.
-
A degradación intencionada do monte, calculada e programada para que o poder político teña máis doado acabar coa secular propiedade comunal, e entregar un ben natural e común nas mans do poderes económicos por medio da súa expropiación e privatización.
-
Os beneficios que o poder político pode obter do poder económico polo servizo así prestado.
O Barbanza, O Rosal, O Condado-A Paradanta, Terras de Monterrei, O Bolo, A Ribeira Sacra, Os Ancares, … estiveron ou están a ser pasto das lapas. Á intencionalidade pirómana engádese o exceso de biomasa pirófita como combustibel, produto da mala planificación xa secular do medio como recurso. e da nula xestión forestal actual, ausente en materia de prevención, cunha maioría das plantacións sin podar nin desbastar, e co monte baixo sin desbrozar. Isto afecta tanto ao monte alto como ao baixo en solo forestal, desde a costa até o interior, incluídos os espazos naturais protexidos. A Xunta e os concellos deixaron de invertir nesas labores e, por engadido, delegaron a extinción principalmente nos medios aéreos e en empresas privadas, cando quen controla e finalmente apaga os lumes son as brigadas con recursos humanos e medios terrestres a ras do territorio afectado.
E, mentras, o presidente do actual goberno do PP infravalora pública e conscientemente a magnitude cualitativa e cuantitativa dos danos producidos polos lumes até de agora, esquecendo os efectos e causas da devastadora vaga de lumes do 2006, e as de todos os anos, e obvia deliberadamente o risco que supón setembro e quizáis tamén outubro, pois o calor persiste e o perigo de incendios forestais é permanente, cun chan e cunha biomasa cada vez máis secos.
A traxedia colectiva dos lumes forestais ten culpabeis individuais, os/as delincuentes que queiman, pero tamén os que obteñen cuantiosas ganancias a cambio de desertizar os montes, estragando os nosos recursos naturais, os acuíferos, os achados arqueolóxicos, a nosa historia, a nosa cultura, a flora e fauna, o medio ambiente e a atmosfera incidindo aínda máis na mudanza climática e no quentamento global e, por engadido, no incremento do risco de incendios presente e futuro dentro dunha cadea continuada e catastrófica sin ningún sentido nin saída.
Os montes poden tardar muitos anos en recuperarse, mais algúns dos seus valores naturais, paisaxísticos e arqueolóxicos perderanse para sempre, sobor de todo nas zonas onde existe desde hai décadas unha reiteración na prenda dos lumes. E os ríos e as rías tamén sofren pola achega e sedimentación das cinzas corrosivas no contacto co auga.
Neste país a política forestal dende o franquismo, pasando por todos os gobernos da Xunta, foi sempre a mesma: prantación de especies de rápido crecemento en réxime de monocultivo, especies pirófitas e alóctonas que facilitan a propagación das lapas, privatización do territorio, concentración parcelaria e repartición dos beneficios económicos nunhas poucas empresas corporativas e multinacionais, todo en detrimento dun aproveitamento do monte social, ecolóxico e sostibel, e dunha estrutura tradicional e milenaria, comunal e de pequena escala, baseada na relación directa da poboación humana co medio.
POR UN CAMBIO RADICAL DA POLÍTICA FORESTAL NA GALIZA
OS LUMES FORESTAIS SON TERRORISMO AMBIENTAL
INVESTIGACIÓN ATÉ CHEGAR E SANCIONAR AOS VERDADEIROS CULPÁBEIS
MÁIS PREVENCIÓN E MENOS EXTINCIÓN
MÁIS FRAGA E FRONDOSAS AUTÓCTONAS E MENOS MONOCULTIVOS FORESTAIS, PIRÓFITOS, INVASORES E ALÓCTONOS.
MÁIS MULTIFUNCIONALIDADE E AUTOXESTIÓN SIN MONOPOLIO FORESTAL
MÁIS PROTECCIÓN AMBIENTAL, RÚSTICA, AGROGANDEIRA, FORESTAL E CULTURAL, SIN ESPECULACIÓN URBANÍSTICA E INDUSTRIAL.
Goberne quen goberne, o Monte non se vende !!!
Galiza Non Se Vende
El monte no se vende… ni se compra… Promover un parque natural (como en O Pindo) supone una expropiación forzosa a los vecinos-propietarios a cambio de NADA. El Parque puede beneficiar al turismo, a los politicos que chuparán las subvenciones (el alcalde de Carnota es del BNG, ¿no???) y a las Asociaciones de ecoloGUAIS que también tendrán su parte de las ayudas públicas. Pero a los propietarios se les impondrán limitaciones a sus cultivos (tipo de especies a plantar) y a su modo de vida (como sólo hacer casas con materiales nobles (piedra, pizarra, etc) que no todos se podrán permitir…) sin que se les INDEMNICE en modo alguno por dichas limitaciones. Si les van a “robar” su legítimo derecho a hacer en SUS tierras lo que deseen, no les importa que arda…