Pages Navigation Menu

Convocatoria rolda de prensa en Santiago martes 10 de decembro 2019

Convocatoria Rolda de Prensa

 Lugar: Galería Sargadelos, Compostela

Rúa Nova, 16, 15705 Santiago de Compostela

Día: martes 10 de decembro

Hora: 12 horas

 

Contido:

Varios casos de urbanismo especulativo e antisocial no sur de Galicia: proxecto de centro comercial do Celta en montes comunais de Tameiga (Mos); a especulación dos plans portuarios; Pxom especulativo e de edificabilidade desmesurada en Cangas do Morrazo (en fase de borrador).

Presentación dun avance do libro “Saljeirón”, periodismo de investigación sobre a loita contra a especulación en Massó (Cangas), escrito por Primitivo Carbajo, ex-periodista do diario País en Galicia. Presentado polo autor. 

 

Nos últimos anos a artificialización e mecantilización do territorio está a medrar a un ritmo trepidante ,a necesidade de crescimento do sistema se traduce en agresións e desequilibrios ambientais, culturais e sociais e na devaluación  do público para privilexiar o privado. As políticas de conservación da natureza son puramente propagandísticas e non se dubida en vulnerar reiteradamente o marco xurídico vixente , saltándose a legalidade ambiental  sistemática e impunemente. As distintas administraciónsactúan segundo os intereses do momento que non teñen nada que ver  coa protección, conservación ou o  sentido común senon cun modelo fixado en base a criterios puramente especulativos. O territorio xestiónase como un espazo económico onde é o capital quen marca as pautas de uso e explotación. O gobernó galego ten metido man, de xeito caótico e sen criterio,  a case toda a lexislación existente,  unhas veces facendo caso omiso, outras prostituindo o espirito da mesma legalizando a ilegalidade e outras modificando aquela lexislación que non responda aos seus intereses particulares e que nada teñen que ver coa colectividade.

Lexislación importante como a lei do solo, Plan de ordenación do litoral, Directrices de ordeación do territorio , lei de montes, o Plan director de acuicultura do litoral, plan director da rede natura, lei de iniciativas empresariais ou plans sectoriais como o do  solo empresarial ou Plans xerais de ordeación urbana,etc teñen sido obviadas, modificadas ou aprobadas co único interés de desprotexer o medio e servirllo en bandexa aos intereses especulativos empresariais e, por se algo quedara sen desprotexer, gracias á lei de industria, todos aqueles proxectos considerados estratéxicos poden ubicarse en solo rústico de especial protección e saltarse en grande medida os requisito ambientais.

Galicia debe ser pensada no seu conxunto, desde unha perspectiva de ordenamento integral do territorio que teña como eixo central  o respeto ao meio mariño e terrestre  e onde se definan  criterios para a correcta  protección dos nosos valores culturais, ambientais, sociais e económicos. Há que por fin a toda esta desfeita: recheos, portos comerciais e deportivos, pxoms orientados á especulación urbanística, saneamento deficiente, industrias contaminantes en primeira liña do mar e un longo etcétera mariño e terrestre  definindo criterios para a correcta  protección dos nosos valores culturais, ambientais, sociais e económicos e esixindo unha aplicación efectiva e práctica dos mesmos .

A contestación social a toda esta variedade de ataques ao ben común está sendo silenciada, marxinada, perseguida e téntase a súa desmobilización con novas armas como a Lei Mordaza, con medidas xudiciais que imposibilitan a presentación de contenciosos e coa masiva utilización da prensa comprada polo poder económico.

Faise preciso unha revitalización dos tecidos asociativos e unha unión e coordinación entre eles que ten demostrado sempre efectos moi positivos. Que sexa esta unha chamada ao reforzamento das redes de colectivos e unha lembranza de que a forza está na unión.

Urbanismo salvaxe en Cangas

 

Dende o ano 2001 son xa varios intentos de implantar en Cangas un Pxom especulativo. Nas diferentes ocasións, e con diferentes gobernos no Concello, estes plans foron rexeitados pola contestación social.

Unha vez máis, esta vez cun goberno ACE-PSdeG PSOE, e con Monsa Urbanismo como equipa técnica, preséntase un borrador que supera aínda a destrución proxectada en calquera plan anterior. Pretenden permitir unha edificabilidade residencial de 4,3 millóns de metros cadrados, que suporían unhas 35.000 vivendas de 120 m2, cando as vivendas actuais non chegan a 15.000 e máis de 2.700, un 20% delas, están baleiras e a poboación leva diminuíndo dende o ano 2014.

Para acadar esa edificabilidade, os cascos urbanos de Cangas e Aldán medran un 160% e un 747% respectivamente, e desprézanse totalmente as limitacións que pon o Plan de Ordenación do Litoral para as áreas máis valiosas e que deben ser recuperadas (áreas de Mellora ambiental e paisaxística).

Utiliza tamén a clásica ferramenta especulativa das áreas de reparto, onde os pequenos propietarios fican indefenso ante os propietarios maioritarios.

Como cumio, volta a argallar un novo intento de pelotazo urbanístico en Massó, mistura os terreos costeiros en propiedade de Abanca, moi protexidos polo POL, cos de centos de pequenos propietarios un pouco máis afastados da costa para proxectar 93.000 m2 de edificabilidade comercial e residencial, recualificando o valioso chan industrial que aínda é e poñéndolle en bandexa a Abanca un pelotazo urbanístico de manual.

Urbanismo nos montes de Tameiga

Hoxe en día a veciñanza comuneira da parroquia de Tameiga (Mos), enfróntase de novo a un macroproxecto que ameaza, o seu monte comunal, iría afectar a calidade de vida dos veciños, con mais tráfico, mais ruído, máis polución, Unha intervención que provocaría novos movementos de terras e infraestruturas de transporte que fragmentarían un territorio, xa de por si moi urbanizado.

A xoia que ameaza este proxecto e un entorno de case 60 ha de monte comunal e parcelas privadas que hoxe en día proporcionan un dos recursos máis valiosos: a AUGA.

Auga dunha gran calidade que polo seu propio peso chega as casas de 1.500 familias. Familias que con gran esforzo de traballo e recursos propios autoorganizáronse para xestionar un recurso, que a administración non conseguía proporcionar.

Unha entidade de carácter privado e lucrativo como é o Real Clube Celta de Vigo, ten prantexado  construír unhas instalacións deportivas para o seu uso e un centro comercial para o seu negocio, Para elo, precisa expropiar unhas 40 hectáreas de este monte veciñal e parcelas privadas. Evidentemente unha Sociedade Anónima non pode expropiar e aquí e onde entra a política do Partido Popular para facilitarlle e garantirlle que unha vez modificado o PXOM e co cambio do uso dos terreos vai ser esta empresa privada a que vai poder especular e obter uns beneficios económicos que en linguaxe coloquial denominase “pelotazo urbanístico”, como nos tempo non moi lonxanos da urbanismo salvaxe que tantos casos de corrupción xeraron.

Hai cousa de un par de meses o goberno local do PP aprobou a modificación puntual nº 1, que pretende o cambio de uso do solo de máis de 1 millón de m2

A comunidade de montes veciñais en man común da parroquia de Tameiga, única e lexítima titular de estas terras, manifestou asembleariamente o rexeitamento a este proxecto do Real Clube Celta SAD.

Como tamén manifestaron o seu rexeitamento as catro traídas de augas da parroquia de Tameiga que teñen este servizo necesario para a súas vidas dos olleiros existentes no monte veciñal de Tameiga.

Asi como tamén manifestaron o rexeitamento ao negocio do Real Clube o pequeno comercio,non só do concello de Mos , senón tamén os dos concellos limítrofes como Redondela, O Porriño, Vigo etc.

E dicir, manifestaron o seu rexeitamento as persoas que viven ,traballan ou xestionan o medio rural .

A mobilización social e popular vai continuar para impedir este roubo de terras comunitarias para beneficio de intereses privadas; medida que está levando adiante a comunidade de montes de Tameiga e as diferentes traídas de auga afectadas baixo a plataforma A Auga e vida.

Mais información no Facebook:

https://www.facebook.com/Comunidade-De-Montes-De-Tameiga-370435533136451/

https://www.facebook.com/aaugaevida.mos/

 

OS PLANS DE AMPLIACIÓN DO PORTO DE VIGO

A Autoridade Portuaria de Vigo (APVigo) licitou en 2018 e 2019 a redacción de 4 plans e 4 proxectos de infraestructuras cuxa realización suporía unha importante ampliación do porto, que sería financiada con fondos FEDER.

DENUNCIA:

A legalidade destes plans e proxectos está imposibilitada por graves incumprimentos históricos e actuais do porto en canto a planificación, avaliación ambiental e protección da natureza:

  1. Ausencia de DEUP, o Plan Marco do Porto

O porto de Vigo carece do seu plan marco, a DEUP (delimitación de espazos e usos portuarios), establecida pola la Lei de Portos 27/1992, preceptiva desde 1993, necesaria para planificar e ordear racional e legalmente a zona de servicio portuaria, e necesaria para someter o conxunto do porto e as ampliacións que se pretenda realizar a Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE).

  1. Ausencia histórica e actual de Avaliación Ambiental do porto
  • O porto de Vigo nunca foi sometido a una AAE (preceptiva desde 2004) que permita comprobar a viabilidade ambiental do conxunto do porto.
  • A APVigo nunca realizou a Avaliación de Impacto Ambiental (AIA) (preceptiva desde 1986) do conxunto do porto, nin de ningún dos seus proxectos de infraestructuras e actividades. Tampouco non requeriu nunca a AIA dos proxectos de actividade das concesións outorgadas.
  • A APVigo nunca realizou a Avaliación (preceptiva desde 1994) dos efectos ambientais do porto sobre cinco espazos naturais, oficialmente protexidos, que están ocupados, total ou parcialmente, polas augas do porto, ou situados nos seus límites, ou situados na súa proximidade.
  1. Anulación da DEUP 2015 por ausencia de AAE

A APVigo redactou e aprobou unha DEUP en 2015, con 26 anos de retraso. Pero elaborouna sen AAE.
Por tal motivo, foi anulada pola Audiencia Nacional en 2018. O Tribunal Supremo fixo firme a anulación en 2019.

  1. Ausencia de orden xerárquico na planificación en marcha e na súa avaliación ambiental
  • A planificación en marcha inclúe unha nova DEUP, coa súa AAE. Tamén inclúe a AAE de 2 dos 3 plans restantes, e a AIA de 3 dos 4 proxectos.
  • Pero este cúmulo de plans e proxectos non respecta a orde xerárquica da planificación e da Avaliación ambiental que impoñen as Directivas europeas e a súa transposición española.
  • A base e punto de partida da planificación portuaria ten que ser a DEUP, pois é o único instrumento que pode revisar, someter a AAE e rediseñar a totalidade dos espazos e usos portuarios, e establecer o marco físico e legal necesario para a planificación posterior.
  • É dicir: a DEUP é o instrumento rector da planificación física do puerto, e debe ser elaborada, tramitada e aprobada antes de iniciar calquera outro plan ou proxecto.
  • Pois bien: dous dos plans e un proxecto licitáronse e adxudicáronse un ano antes da licitación da DEUP; outro plan e outro proxecto licitáronse conxuntamente con ela, outro proxecto licitouse cuatro meses máis tarde, antes de iniciarse a redacción da DEUP, e o último proxecto licitouse sen antes incluso elaborar o borrador da DEUP e sometelo a consultas.
  1. Ausencia de un Sistema de Xestión Integral da Ría de Vigo
  • O Convenio da ONU sobre a Biodiversidade, e Estratexia Mariña e a Política Marítima Integrada da UE requiren unha Xestión Integral dos espazos mariños, é dicir, a coordinación de todos os órganos competentes, buscando o equilibrio entre as actividades humanas e a conservación do ecosistema.
  • Pero non se implantou un Sistema de Xestión Integral da Ría de Vigo baseada no ecosistema. E iso a pesar da actividade científica no estudio do medio mariño que desenvolven en Galicia as 3 universidades e 12 centros de investigación mariña, 6 de eles en Vigo.
  1. Creba do principio de concorrencia na planificación e na súa Avaliación ambiental
  • A ausencia dunha Xestión Integral da Ría implica a ausencia de coordinación entre os órganos estatais, autonómicos e locais competentes na súa xestión, conservación, uso e aproveitamento.
  • Isto creba o principio de concorrencia na planificación e na avaliación ambiental, pois impide a xestión coordinada dos plans e proxectos concorrentes dos diferentes organismos, e a Avaliación dos seus efectos ambientaises conxuntos, que poden ser, incluso, sinérxicos.
  1. Consecuencias: Ilegalidade do porto, invalidez da planificación en marcha e degradación da Ría
  • O porto de Vigo, carente dos instrumentos de planificación e de evaluación ambiental que son preceptivos, está en situación de ilegalidade.
  • A planificación posta en marcha en 2018 y 2019 transgrede os principios de xerarquía e concurrencia de plans e proxectos. Isto degrada a racionalidade dos obxectivos, invalida a avaliación ambiental dos instrumentos de planificación, e fai xurídicamente nulo o seu resultado.
  • O porto de Vigo sigue sendo unha das causas máis graves da degradación ambiental da Ría.

 

 

INCUMPRIMENTO DE DIRECTIVAS EUROPEAS E DAS LEIS QUE AS TRANSPOÑEN

Planificación portuaria: – Ley 27/1992, puertos del estado y marina mercante (LPEMM)

– RDLeg 2/2011 TR LPEMM (texto refundido de la LPEMM)

26 anos

(*)

Avaliación Ambiental

Estratéxica (EAE):

– Directiva 2001/42/CE, EEDPPMA (EAE)

– Ley 9/2006, EAE  //  Ley 21/2011, EA (EAE+EIA)

15 anos

(*)

Avaliación de Impacto

Ambiental (EIA):

– Directivas 85/337/CEE y 2011/92/EU, ERDPPPMA (EIA)

– RDLeg 1302/1986, EIA  //  RD 1131/1988, Reglamento EIA;

– RDLeg 1/2008, TR Ley EIA  //  Ley 21/2013, EA (EAE+EIA)

33 anos

(*)

Avaliación de Efectos

Ambientais sobre espazos naturais protexidos:

– Directiva 92/43/EEC, Hábitats, fauna y flora

– RD 1997/1995, Hábitats, fauna y flora

– Ley 42/2007, Patrimonio Natural y Biodiversidad

25 anos

(*)

(*) Anos de incumprimento dende a transposición das Directivas ou dende o seu efecto directo vertical.

 

SITUACIÓN:

  • Dado que se esgotou a vía xurídica interna da DEUP, coa súa anulación polo Tribunal Supremo;
  • Dado que a aprobación dos plans e a realización dos proxectos descritos suporía unha nova degradación grave e irreversible da Ría de Vigo, e
  • Dado que a xustiza española soe rexeitar a paralización cautelar de obras públicas,

 

PROCEDE:

A intervención dos organismos competentes da Unión Europea e a do propio Estado Español:

  1. Comprobando con urxencia os feitos aquí denunciados.
  2. Requirindo do Estado Español a súa intervención ante o Ministerio de Fomento, Portos del Estado e a Autoridade Portuaria de Vigo, demandándolles:
  • A suspensión inmediata da tramitación dos plans e proxectos en marcha.
  • A corrección das irregularidades da planificación e da avaliación ambiental portuaria
  • A comprobación da necesidade e da viabilidade ambiental da planificación en marcha e, no seu caso, a súa declaración como irrealizable.
  • A suspensión de toda obra de ampliación do porto, da prórroga das concesións actuais, e do outorgamento de novas concesións, mentras dure a situación actual.
  1. Instando ao Estado Español, á Xunta de Galicia e aos Concellos da Ría a implementar, coa axuda dos centros de investigación mariña en Galicia, un Sistema de Xestión Integral da Ría de Vigo que coordine todos os órganos competentes na súa xestión, conservación, uso e aproveitamento, e cuxo obxetivo sexa o equilibrio entre as actividades humanas e a conservación do ecosistema.
  2. Suspendendo a concesión de Fondos FEDER á realización dos plans e proyectos citados mientras se comproba a súa necesidade, viabilidade ambiental e realizabilidade.
  3. Iniciando as acción legais contra o Estado Español que, no seu caso, correspondan.

 

ANEXO

 

As irregularidades da planificación posta en marcha pola APVigo en 2018 y 2019

Cadro cronológico dos plans e proxectos licitados

Plan (P)   ou   proxecto (pr) AA Licitación Adxudicación Ente / Empresa Fase
P Plan Estratéxico (PEST) 2018-2028 NON Non Interna APVigo (Consulta pública

2018.12 a 2019.01)

Red. Versión Inicial

P Plan Director de Infraestructuras (PDI)

SET-284

 

AAE

Ordinaria

2017.12.02 2018.02.02 PROYFE, S.L. Sen noticias
P Del. Espazos e Usos Portuarios (DEUP)

SET-306-BIS.  Conxunta co PESP.

AAE

Ordinaria

Conxunta

2019.03.01

Conxunta

2019.04.17

ICEACSA

Cons, SLU

En redacción: -Borrador do Plan e Doc. Inicial de AAE
P Plan Especial (PESP)

SET-306-BIS.  Conxunto coa DEUP.

AAE

Ordinaria

pr Ampliación Terminal de Bouzas

Proxecto Constructivo  –  FASE 1.

SET-307-BIS. FASE 1:  108.000 m2

Total con FASES 2 e 3:   192.000 m2

AIA

(Indefinida)

2019.03.19 2019.06.20 UTE:

– EPTISA Serv. Ing.

– Ing. Espec. O.C.I.

En redacción:

Doc. Inicial do Proxecto & AIA

pr Ampliación Peiraos Transversal e do Comercio. Proxecto Constructivo.

SET-320.  57.000 m2

AIA

(Indefinida)

2019.07.03 2019.10.10 UTE

Muelle Comercio

Puerto de Vigo

En redacción
pr Ampliación explanada anexa á Lonxa.

Realización de obra. O-1220.  825 m2.

(Pantalla visual entre o  Auditorio Municipal e a Ría)

NON

Anexo de

Integración

Ambiental

Proxecto:

2018

Proxecto:

2.018

Ingenia Proyectos Técnicos Realizado

2018.10

Obra:

2019.05.21

Obra:

2019.07.09

S.A. Trabajos y Obras  

pr Accesos á Zona Portuaria de Rande
Proxecto de Trazado de Viais terrestres de acceso
AIA

Simplificada

(screening)

Sen datos Sen datos PROYFE, S.L. (Consulta EIA-S  19.02) En decisión: fin de EIA ou EIA ordinaria.
Zona Portuaria de Rande.

Plataformas actuais: 109.000 m2.

Espazo probable necesario para unha nova Terminal: de 200.000 a 300.000 m2.

Proxecto previsto no Plan Estratéxico e anunciado nos medios.

Trátase dunha nova Terminal de Carga.

Non se licitadou aínda.

A APVigo prevé a sua redacción a curto prazo.

 

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.