Cultura Si, mausoleo Non
Un comentario da plataforma Cultura si,Mausoleo non a propósito da creación dunha fundación privada para xestionar a Ciudade da Cultura
CONSUMASE A ENTREGA DA CIDADE DA CULTURA AO CAPITAL BANCARIO
O MAIOR INVESTIMENTO EN CULTURA DO GOBERNO BIPARTITO VAI SER XESTIONADO BAIXO INTERESES COMERCIAIS E BANCARIOS.
TOURIÑO BALEIRA DE CONTIDO E DE ORZAMENTO Á CONSELLERÍA DE CULTURA, PARA DARLLE TODO O PODER DE INTERVENCIÓN Á BANCA.
O Presidente Touriño co aplauso de Anxela Bugallo ven de efectivizar a fuxida do sector público da xestión da Cidade de Cultura. A inversión de mais de 500 millóns de euros que xa vai derrochada no Gaias, con cartos dos impostos de todos os cidadáns, NON vai estar dirixida e controlada por profesionais e técnicos da xestión cultural. O flamante goberno bipartito que se di de esquerdas e progresista, culmina a obra de Manuel Fraga, nomeando a un xestor bancario para que a privatización da Cidade da Cultura se convirta nun negocio lucrativo para as elites patronais e grandes inversores multinacionais.
Queda santificada a conversión do Gaias nun macro centro comercial da Cultura, donde o consumismo e os souvenirs sexan a norma de actuación e a programación vaia centrarse en eventos de nulo contido cultural e si moito espectaculo mediocre e de baixo perfil. Moi pronto podremos ver pasando pola Cidade da Cultura a Isabel Pantoja, Manolo Escobar ou aos Del Rio coa sua Macarena.
A Plataforma Cidadán Cultura Si, mausoleo Non, temos que rechazar esta deriva ideoloxica do que no seu momento se nos publicitou como goberno de esquerdas para rematar nun apendice bancario que ven de entregar o que é maior parte do orzamento da Consellería de Cultura á xestión privada, con nengunha garantia de promocionar e difundir o feito cultural galego. Dado este paso consideramos que non ten sentido a continuidade de Anxela Bugallo ao fronte dun departamento que perde toda capacidade de xestionar a Cidade da Cultura e que asiste de convidada de pedra á entrega a entidades privadas e de ostentoso afan de lucro, do que supostamente representa mais de mitade do orzamento da Consellería de Cultura, que queda valeira de contido e de orzamento.
Unha vez mais consideramos necesario reclamar a disolución deste proxecto seudocultural que é a Cidade da Cultura e esiximos responsabilidades por tanto despilfarro e inversión públicas que van beneficiar os negocios duns poucos inversores empresariais.
propoño que, xa que logo van ser as grandes corporacións económico-financieiras as que xestionen o mausoleo, que primeiro lle devolvan a xunta de galiza os 500.000.000 euros que costou. E se non que se convirta nun espazo para a cultura autoxestionada, onde calquer artista do mundo (manolo escobar tamén, ainda que non creo que lle atraiga a idea) poida ter un espazo onde crear.
pero de regalarllelo as caixas nada
Se queremos que se convirta nun espazo para a cultura autoxestionada imos ter que okupá-lo, menudo Centro Social iamos montar alí. 😉
en marsella hai un que non é tan grande, solo ten 10.000 m2. Para a fábrica masso de cangas barallouse un inmenso centro de formación artística a escala metropolitana. En montreal hai un tan grande como o de marsella. Que os bancos paguen a luz e a auga e o pobo utilice as instalacións. Non é necesario ocupalo ¿non? é propiedade pública.
Se os bancos pagan a luz e o auga non será un centro “autoxestionario”, será subvencionado. As subvenzóns implican dependencia. Os bancos sangran-nos os petos e logo lavan a súa imaxe pública con “estupendas” obras sociais, do mesmo xeito que fan as “enerxéticas” em pomposas campañas publicitarias de “desenvovimento sustentábel”, logo financian Reganosa…
Galiza non se vende: xa está vendida. Se queremos o que é noso, teremos que collé-lo. Nada nos vai devolvé-lo capital. “propiedade pública” é un termo que non significa nada se a xestión e mailos “beneficios” son privados.
Hai que comezar polo principio, máis tamén hai que chegar ate o final.
http://aculturapreokupa.blogaliza.org/