Desfachatez eólica Tripartita no Courel (PP, PSOE, BNG) . Nota de prensa de SOS Courel

Ante a inminente instalación do parque Eólico do Oribio, no espazo natural Ancares-Courel, en plena Rede Natura 2000, e no territorio Histórico do Camiño de Santiago, Dog 19 de xuño de 2007, non temos máis reme dio que denunciar de novo a desfachatez dos tres partidos parlamentarios, que se poñen de acordo sempre que se trata de detruír o Courel de xeito miserable.

A maiores podemos ver no anuncio anterior como se declara a compatibilidade con varias futuras  concesións mineiras no mesmo espacio,  afectando tamén a Rede Natura. Esta é parte da “Marabunda ambiental” na que están sumindo ao Courel, mentres se anuncia e apraza unha e outra vez o Parque Natural.

O eólico, enclavado entre Samos, Triacastela e Folgoso do Courel, no medio da mellor terra para gando vacún de carne de toda a Galiza, devaluará definitivamente a “etiqueta” deste produto e as propiedades dos veciños das aldeas afectadas

Este Parque E, instalarase a 2 quilómetro das terras de Teixeira do Courel, a aldea natal do alcalde de Folgoso do Courel, que supoñemos estará informado, aínda que non presentou alegacións.

Os viraventos xirarán a 1600 metros de altitude, e serán visibles dende Astorga ata o Pico Sacro. Os muíños coroaran a ” Devesa do Oribio” o mellor bosque de todo o Camiño de Santiago

A Declaración de Impacto Ambiental, foi aprobada polo Bipartito o 12 de agosto de 2005 e publicada no DOG de 16/11/2005

Detalles “graciosos” do documento anterior:

1.- Na pax. 6
3.- CONDICIÓNS ESPECÍFICAS

3.1. Sobre a integración paisaxística

1. Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo, destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica, entre outras.

Coa pantalla vexetal, deberían entón tapar todo o Camiño, como mínimo dende o Cebreiro ata Portomarín.

2.-Na pax. 8
1. Tendo en conta que o parque eólico proxéctase no espazo denominado “Ancares-Courel”, declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril, e incluído na lista de lugares de importancia comunitaria LIC aprobada pola Decisión da Comisión de 7 de decembro de 2004, prestarase especial atención en non comprometer a persistencia dos hábitats naturais de interese comunitario presentes no polígono do parque, básicamente breixeiras secas europeas, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

En calquera caso, deberá corrixirse a afección prevista mediante a adopción dunha medida compensatoria consistente en aportar igual ou maior superficie que a afectada
2 polo proxecto, polo tanto igual ou maior que 67.098 m
. A parcela que se propoña deberá gardar ademais os seguintes requisitos:
Debe estar fóra do LIC pero contigua a este, co fin de compensar a superficie afectada polo proxecto.    Debe ser unha parcela en couto redondo.    Os hábitats que sustente deben compensar a superficie dos hábitats afectados, ou ben establecer as condicións para a súa adecuada implantación.

No apartado anterior autorizase, a apertura de outro furado na Rede Natura do Courel.

Fai poucos días consultadas as consellerías de Medio Ambiente e Industria, admitiron que este eólico íase instalar, porque ao iniciarse no Goberno “Fraga”, a empresa xa adquirira dereitos e si se rexeitaba, tiñan que indemnizar á empresa.

En todo caso tería que indemnizala a persoa ou persoas  que se saltaron as leises. E o bipartito non pode disculparse, porque para entón estaban na oposición, con aceso a toda a información dende o inicio da tramitación ( ver directivas europeas sobre a participación do Público ).

Na  tramitación da autorización da instalación deste Parque Eólico, ao noso entender, saltáronse varias disposicións europeas de obrigado cumprimento.

Por outra banda, non discutimos as bondades da enerxía eólica, pero non para instalar na Rede natura; Por exemplo, na Galiza só o 11% do territorio está protexido, na Comunidade de Madrid case o 40%, pero a maiores Madrid non instala eólica na súa Rede Natura, mentres a nosa Rede Natura produce parte da electricidade para esa Comunidade.

A maiores, a enerxía eólica que se produce na Galiza non substitúe a térmica, dándose o paradoxo de que estas térmicas multiplicarán a produción para rechear os paróns do vento.

13 Comentarios

  1. E posible que a única forma de intentar deter estas desfeitas sexa a da manifestación, xa que as perspectivas de representación popular son continuistas e as “autoridades políticas” non parece que fagan moito

  2. Non podo imaxinar como alguén cunha pouca sensibilidade pode estragar ese paraíso natural que é o Courel con muíños de vento. A que andan nosos políticos?. Antes podiámoslle botar a culpa a dereitona argalleira, e agora?
    Mopito ánimo.
    Se algo non mo impide estarei con vós o día 15 en Santiago.

  3. Ao mellor non teñen esa mínima sensibilidade. A política galega está dominada por mediocres pijos santiagueses con moita sensibilidade para a ascensión social e pouca sensibilidade coa natureza (e a estética). O agro para eles é anacrónico, unha reminiscencia do pasado que pode ficar nas zonas rurais. O desenvolvemento pasa por a industrialización mediante decreto e subvención, en calquera lugar que o lobby empresarial o considere axeitado. E o lobby empresarial é o que paga as campañas do PSOE e do BNG, este último plenamente introducido no corrupto sistema clientelar dos altos cargos, tanto para as grandes empresas que o financian (primeiro paso) como para as pequenas empresas “de partido” achegadas ao persoal da consellaría de industria (segundo paso).

    Só hai que ver que dende que se accedeu ao poder despois da era Fraga (ese non paga a pena nin criticalo) seguen facendo política de discurso e de apertura de obras unica e exclusivamente. E meu deus, vaia discursos, e meu deus, vaia obras.

    Non poñas a uns mediocres a gobernar. Para esta xente a política é a administración dos fondos públicos en concursos de infraestructuras. Non poden ver máis aló porque son cortos de miras, tendentes á autoadulación e víctimas da súa propia propaganda oculta contidos.

  4. Felicitacións ós deuses do vento, os que falan, critican, denuncian… cando fai moito vento, coma estes días derradeiros, que levou tantas cousas por diante…
    ¿quén vai negar que as palabras ou verbas con pouco peso non marchan con tanto aire?
    Hai que facer máquinas de vento que limpan todo o ambiente de contos e falares baratos que xa moi poucos cren. É unha lástima que os ventos de ata 180 km./hora non poidan cos lastres que unha e outra vez repiten o que non compren. Mais de 1 governo autonómico debería chamarse “a muiñeira”.

  5. estou xa moi farto de que aqui se faga todo o que queren 4 persoas con diñeiro,e nos cada dia que pasa perdemos un pouco mais da nosa identidade natural.non toman nada en serio, e seguiran a facer o que lles veña en gana.non sei como pero esta politica hay que cambiala xa.practicamente esta todo o que nos rodea alterado(lagares, “gandaras de budiño(riome por non chorar)”,brañas de sada,candan, faro,rias,rios,montes…). ou o paramos nos ou isto estoupa.POLITICA RACIONAL XA!!!

  6. Gracias a SOS Courel polo seu persistente traballo en defensa do Courel e as súas xentes. Este parque eolico é un motivo mais para estar en Santiago o proximo 15 de febreiro.

    Só unha matización, a enerxia eolica si esta sustituindo en parte a termica, porque ten acceso preferente á rede electrica. Esto desde logo non xustifica que se fagan parques eolicos en espacios naturales como o Courel ou moitos outros.

  7. Que yo sepa, a fecha de hoy el PP no gobierna en Galicia y no es responsable de esta barbaridad.
    Y no es que yo quiera ser abogado del PP, pero creo que cada palo debe aguantar su vela y esta les toca al gobierno bipartito del lujo y la corrupción que forman PSOE Y BNG.
    Saludos

  8. Mire Sr Medrano:

    Quen asinouu a Declaración de Impacto Ambiental deste vistoso proxecto, DOG de 16/11/2005, presentase en marzo nas listas do PP da Coruña. E asinouna sendo Conselleiro o Sr Pachi.

    Entende vostede algo ?

  9. Mire SOS Courel, no entiendo nada, porque usted lo escribe en gallego y yo soy de Valencia. Por tanto si usted tuviera la delicadeza y la educación de contestarme en castellano (idioma común de todos los españoles), que es el mismo idioma en el cual me he dirigido, seguramente me enteraría mejor.

    P.D. Esta página la he conocido gracias a la página de Mundicamino, pero observan la universalidad de web, dejaré de visitarla.

    Saludos

  10. Estos son de la misma cuerda de los del NUNCA MAIS. Cuando los incendios del verano de 2006 no había ninguno de estos para apagarlos.

  11. Medrano non te enteras. Para falar de luxo e corrupción non tes que vir aquí, na túa terra é onde dan clases diso, non dis que es valenciano? ha ha ha ha
    Roúcalle o nabo a este xente

  12. Para facelos programas eólicos, porqué escollelo O Courel hai sitios mellores pra facelos sen dañalo entorno debe ser que teñen horror ó vacío, hai que meter caralladas por todos lados. Eu penso que o horror ó vacío hai que telo pero é ó desastre dun vacío existencial henchido de asfalto e basura, xardins en vez de bosque, ese si que é vacío existencial, caustrofobia e depresión. Non estou en contra da enerxia eólica pero hai que estudialo impacto en cada caso, as vias de paso de aves e ser consciente da importancia dos paraxes naturales no equilibrio natural e sicológico para dos humans. Lugar donde olvidarse un pouco que estamos rodeados de infraestructura hasta a porta dos nosos fogares.

  13. Galicia Bilingüe. Viva España

Trackbacks/Pingbacks

  1. Desfachatez eólica Tripartita no Courel (PP, PSOE, BNG) . Nota de prensa de SOS Courel : turismo - [...] Leia mais deste post no blog de origem: Clique aqui e prestigie o autor [...]
  2. Desfachatez eólica Tripartita no Courel (PP, PSOE, BNG) . Nota de prensa de SOS Courel : polo - [...] Leia mais deste post no blog de origem: Clique aqui e prestigie o autor [...]
  3. Eucaliptos NON » Blog Archive » Parques eolicos - [...] a denuncia da  destrucion  que esta a  sufrir  uns  dos  lugares  emblematicos de Galiza  O  Caurel   este Parque E,…
  4. Reganosa Demolizón » Desfachatez eólica monumental Tripartita no Courel, no Territorio Histórico do Camiño de Santiago. | Contra reganosa - [...] máis información mira en: http://galizanonsevende.org/?p=641 http://triacastelaviva.blogspot.com/2007/08/fotos-do-iribio.html Os viraventos xirarán a 1600 [...]
  5. fotografia_192 o dia da terra « un tal marra - [...] o dia da terra ORÍBIO SEN EÓLICOS [...]
  6. Desprecio por el paisaje: Parque eólico Oribio | PLOG - [...] -Imagenes de la zona en el blog “Triacastela Viva” -Artículos en la web :“Galiza non se vende” -Asociación :…

Deixa una resposta a Miguel Angel San Marcial Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *