Pages Navigation Menu

DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS IMPULSAN A CREACIÓN DUN FORO SOCIAL GALEGO

O 26 de xaneiro celebrarase unha Asemblea de movementos sociais en Santiago, segundo comunicaron hoxe na Rolda de Prensa celebrada no C.I.P.

Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas e participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de movilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.
Por esta razón, convocamos a unha Asemblea de Movementos Sociais Galegos, así como a unha Feira de Asociacións (organizacións interesadas, contactar antes do 15 de xaneiro con info@altermundo.org), para o día de mobilización e acción global que este ano sustitúe ó Foro Social Mundial centralizado.
A Asemblea e a Feira realizaranse na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, o día 26 de xaneiro do 2008 ás 11:30 da mañá. O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o confronto co Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).
O noso compromiso coa realidade local é o noso compromiso coa transformación global:

  • Contra a globalización neoliberal
  • Para erradicar a pobreza
  • Pola paz e contra o armamentismo
  • Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais
  • Abolición da débeda externa
  • Igualdade real das mulleres
  • Sustentabilidade ecolóxica
  • Defensa dos recursos naturais
  • Sobreranía dos pobos
  • Agricultura e alimentación fóra da OMC
  • Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria

As asociacións impulsoras da creación do Foro Social Galego (FSG) son as seguintes:

  • Seminario Galego de Educación para a Paz
  • Fundación Galiza Sempre
  • Marcha Mundial das Mulleres
  • Sindicato Labrego Galego
  • CIG
  • CCOO
  • UXT
  • STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza)
  • Coordinadora Galega de ONGDs
  • ADEGA
  • Verdegaia

Adhesións de persoas e organizacións:
As persoas ou organizacións que desexen integtrarse neste proxecto, deberán dirixirse a: info@altermundo.org, paz@sgep.org, fgs@galizasempre.org.

NA FOTOGRAFÍA:
SENTAD@S:
– CARME FREIRE, do Sindicato Labrego Galego; MANOEL SANTOS, de Altermundo.org;  XOSÉ MANUEL BEIRAS, presidente da Fundación Galiza Sempre;  MANUEL DIOS, Seminario Galego de Educación para a Paz. DE PÉ:  XAN DURO, Verdegaia;  ALFREDO IGLESIAS, do STEG;  PILAR ESTÉVEZ, da Marcha Mundial de Mulleres en Compostela;  CONSUELO MARTÍNEZ, da CIG;  FRANCISCO JAVIER MONTERO DONGIL, de CCOO
– JUAN RAMÓN PAIS ANDRADE, de UXT

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.