Mércores 27 de xullo: concentración en Teis para esixir o derrube das naves ilegais do porto deportivo da Lagoa
Voces Polo Litoral de Teis e Plan Comunitario de Teis organizamos unha concentración este mércores 27 de xullo as 17:30 no cruce da Avda. Dª Fermina con Espiñeiro de onde se irá ata a praia “Da Lagoa”.Esiximos que o concello de Vigo derrube as naves ilegais do porto deportivo da Lagoa.
Cando se fixeron estas naves acudimos os tribunais e gañamos tódolos pleitos, mais o concello non as derruba. Queremos que se cumpran as sentenzas para parar aos destrutores das nosas costas e montes.
EXISIMOS:
NO PORTO DEPORTIVO:
A EXECUCIÓN DAS RESOLUCIÓNS DE DERRUBO DITADAS POLO CONCELLO E CONFIRMADAS POLO TSXG (Tribunal Superior de Xustiza da Galiza).
NA PRAIA DA LAGOA:
APLICACIÓN DA LEI DE COSTAS E NORMAS MUNICIPAIS PARA A SÚA RECUPERACIÓN DEFINITIVA.
CONVOCAN: VOCES POLO LITORAL DE TEIS E PLAN COMUNITARIO DE TEIS.
Esta concentración foi notificada à Subdelegación do Goberno.
Comentarios recentes