Pages Navigation Menu

Mina de anfibolita (asbesto) en Pontedeume

Segundo publica o DOG solicítase permiso para unha explotación mineira no concello de Pontedeume no lugar da Buiña, limítrofe con Miño. Parece ser esta unha zona na que existe un xacimento importante deste mineral de nome anfibolita (asbesto) que sería o obxecto da explotación.

 

Todo o mundo sabe dos perigos reais do asbesto. Asbesto é o nome asignado a un grupo de seis materiais fibrosos que se atopan no medio ambiente. As fibras de asbesto non se disolven en auga e son resistentes ao calor, ao lume e á degradación química ou biolóxica. Hai dous tipos de asbesto: as amfibolitas e o crisotilo, sendo as amfibolitas as máis daniñas para a saúde humana. A exposición ao asbesto é causada pola inhalación de fibras de asbesto. Esta prodúcese pola manipulación das rochas ou chan que conteñen asbesto. Este é liberado ao aire en forma de fibras que van aloxarse nos pulmóns onde permaneceran durante toda a vida. As enfermidades máis frecuentes relacionadas co asbesto son a asbestose e o cancro de pulmón.

 

Da perigosidade deste mineral dá fe a  Axencia de Protección do Medio Ambiente de EE. UU.  Este organismo  oficial identifica os lugares de refugallos perigosos máis importantes de EE.UU. Estes sitios constitúen a Lista de Prioridades Nacionais que son os sitios designados para limpeza a longo prazo por parte do goberno federal. A mesma axencia prohibíu o uso de asbesto en todo o país.

 

O asbesto pode estar distribuído no medio ambiente en cantidades non nocivas para a saúde. O problema é a exposición en lugares nos que se trata este tipo de mineral, sexan industrias de tratamento de residuos con asbesto ou minas a ceo aberto. Neste caso os niveis de fibras detectadas no aire son mil veces superiores á unha exposición considerada normal. A manipulación deste mineral non só libera fibras ao aire senón que pode contaminar as augas que logo son destinadas a consumo humano.

 

Á degradación ambiental que producen as explotacións mineiras a ceo aberto hai que engadir, neste caso, o serio perigo que supón para a saúde humana  a manipulación e liberación de fibras de asbesto

 

Resolución do 18 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto e plan de restauración para a autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Palacio número 167, situado nos concellos de Miño e Pontedeume, da provincia da Coruña e promovido por Comercio, Transportes y Auxiliares, S.L.
O artigo 5º.2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán ao trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, estudo de impacto e plan de restauración para a autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Palacio nº 167, situado nos concellos de Miño e Pontedeume, da provincia da Coruña e promovido por Comercio, Transportes y Auxiliares, S.L. Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que a soliciten a documentación correspondente ao proxecto nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, así como nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no
artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2011.
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

One Comment

  1. cheira mal

Trackbacks/Pingbacks

  1. Mina de anfibolita (asbesto) en Pontedeume - [...] Mina de anfibolita (asbesto) en Pontedeume galizanonsevende.org/?p=1092  por Socram o 11:42 CEST [...]
  2. Reganosa Demolizón » Mina de anfibolita (asbesto) en Pontedeume | Contra reganosa - [...] De galizanonsevende.org: [...]

Deixa una resposta a eu Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.