Nota de prensa de Bouzas-móvete ante os proxectos de ampliación do Porto de Vigo.

Plano da ampliación do recheo de Bouzas en 83.024 m2 Mais unha vez se demostra que a cobiza do Porto non ten límite, agora din que precisan 230.000 m2 mais de recheo para ser competitivos até o ano 2015, e despois que? seguiran recheando a Ría até convertila nun canal portuario?

 

Desde o Colectivo Bouzas-Móvete, levamos un par de anos dicindo que se queren gañar espazo deverian retirar as naves e industrias que non estan relacionadas coa actividade portuaria, cousa da que se empeza a falar agora, aunque con condicionantes, de se aparece terreo perto, de se esperan a que caduquen as concesións… Mais estas concesións foron feitas de xeito ilegal, incumplindo sistematicamente o artículo 32.1 da Lei de Costas, por unha directiva do Porto que xa falaba de falta de espazo e da necesidade de recheos, en aquel momento. Do que non se fala, é do traslado das enormes naves de Zona Franca que tampouco deberian estar ubicadas no porto, e que si liberarian muito espazo. Tampouco falan, por suposto, de armacenar os veiculos da Citroën en outro lugar. Que sentido ten formigonar a Ría para fazer un armazén de veiculos? Os veiculos de Citroën e de outras marcas so deberian estar no Porto no momento de embarcar e non estar armazenados alí.

 

No Porto de Vigo hai espazo de abondo, ao longo dos dez Km. de instalacións poartuarias que teñen desde Bouzas a Rande, o que pasa que está moi mal xestionado. Como se explica que portos como o de Leixões en Portugal?, coa mitade de superficie, mova o doble de contentores que o de Vigo?, e que peiraos como o de Saint Nazare na Franza adicados a o tráfico de veiculos non teña superficie de armazén de veiculos e funcione perfectamente?

 

O Porto debe ser un lugar de paso de mercadorias non un armacén.

 

Tamén se fala neste proxecto de liberar zonas portuarias para a cidade. Nos pensamos que a Autoridade Portuária debería utilizar os metros cadrados de que dispón actualmente, reordenar realmente o porto de Vigo, aproveitar adequadamente os seus recursos e non estragar a nosa fonte de riqueza mais importante que é a Ría.

 

Ademais o trafego portuario deberia repartirse entre os demais portos galegos como o de Marín ou Vilagarcia e non estar a competir con eles.

 

A Autoridade Portuaria confunde os intereses das Multinacionais cos intereses da cidade, e nunca lles vai chegar o espazo que teñen, nin no Porto nen fora do porto, como a desfeita que fixeron en Salvaterra, co nome de Porto seco, e que agora se dan de conta que esta demasiado lonxe.

 

Estam estragando a diversidade de usos da Ría, como a pesca, o marisqueo, a hostelaria ou o lecer en beneficio exclusivo da actividade portuaria.

 

Esta Ría constitue un dos ecosistemas con mais producción biolóxica do mundo, e en vez de aproveitar esta condición, que si proporciona postos de traballo e riqueza, se adican a formigonala. Lembremos que no lugar onde hoxe está o macro-recheo de Bouzas, atopábase o banco de ameixa mais productivo de toda a Ría, pasando de producir 940 toneladas no 1967 a tan só unha no 1986, devido aos aterramentos.

 

A Autoridade Portuaria é un Cancro para a Ría e para todos os municipios da comarca, cancro que se irá estendendo, se non se lle pon límite, até acabar definitivamente coa Ría.

 

O MAR É VIDA, OS RECHEOS SON MORTE. NON AOS RECHEOS NA RIA

 

2 Comments

  1. A autoridade portuaria de Vigo é unha institución opaca, anacrónica, auténtico niño de corrupción onde os poderosos/as mollan o pan. Botade unha ollada ao seu consello de administración en http://www.apvigo.com.
    A súa “política de xestión ambiental” non é máis que palabrería baleira de contido. Os coletivos en defensa da ría o podemos demostrar.
    Un dos “misterios” do porto é por exemplo cómo é que Citroén, a pesares de ocupar centos de miles de m2 no ilegal recheo de Bouzas, non figura en ningures como concesionario, nin directa nin indirectamente.

  2. Os políticos pensan erroneamente que a superpoblación exixe gañar terreo ao mar e levantar urbanizacións.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.