O Festival de PoesÃa do Condado tampouco se vende
Dedica a súa 22ª edición a ‘Galiza non se vende’, unindo de novo poesÃa e música, proxeccións audiovisuais, recitais e concertos.
O Festival de PoesÃa do Condado leva máis de dúas décadas disparándolle versos ao ceo, falando da terra, ano a ano dedicando cada unha das súas edicións a afondar nun asunto de actualidade, apoiando “as batallas en favor dos intereses populares e veciñais”. No 2008 a loita é ‘Galiza non se vende‘, a agrupación de colectivos sociais e veciñais organizados para a defensa do medio natural e dos intereses da xente fronte aos abusos das grandes empresas e da administración. Algúns dos colectivos que conforman a asociación participarán o sábado 6 nunha mesa redonda, que se celebrará ao mediodÃa.
As actividades comezarán o xoves 4 co inicio das ‘Xornadas Audiovisuais’, que se desenvolven nas Covas de Dona Urraca. Alà poderán verse as curtas premiadas no Festival de Cans, e os documentais ‘O salário do silenzo’ e ‘As Encrobas. A ceo aberto’. O venres proxectaranse un selección de vÃdeos de Galiza Nom Se Vende e o documental de Sants.tv ‘O AVE de Barcelona a Galiza’. O xoves pecharase nas propias Covas de Dona Urraca co recital de Tino Baz e Marica Campo.
O venres 5, xa na zona das murallas de Salvaterra comezarán os concertos e os recitais poéticos, presentados por Os da RÃa. O Leo, Kiko Neves, Carlos Figueiras, Valentina Carro e MarÃa Lado estarán acompañados pola música de Ataque Escampe, The Turre´s Band, O Sonoro MaxÃn e Os Corvos (Portugal).
O sábado 6, de novo nas murallas, un novo recital poético-musical, presentado por Luis Caruncho e Pinto d’Herbón, reunirá a Xiana Arias, Alberto Lema, Igor LugrÃs, Lino Braxe, Chus Pato, Pilar Beiro, Núria MartÃnez VernÃs (Països Cataláns), Limam Boicha (Saara) ou Isaque Ferreira (Portugal). A música desta vez será cousa de A Quenlla (Galiza), Canto da Terra (Portugal), Tabanka Djazz (Guiné-Bissau) e Pirat’s Sound Sistema (Països Cataláns).
Tres décadas de historia
A Sociedade Cultural e Deportiva do Condado nace en 1973, tempos duros nos que a asociación mantivo malia aos atrancos unha actividade moi completa e valente (teatro, concertos, cineclube…), que desembocou na celebración en 1981 do I Festival de PoesÃa do Condado, celebrado en Mondariz-Balneario. Nese tempo a sociedade estivo moi vencellada igualmente á edición do xornal A Voz do Condado, e á constitución da Xunta de Viciños do Condado.
O Festival de PoesÃa só deixou de celebrarse nun periodo de cinco anos, entre 1996 e 2001. Por el pasaron os máis grandes poetas do paÃs, como Méndez FerrÃn, Manuel MarÃa, Bernardino Graña, Manolo Rivas, M.A. Fernan-Vello, Mª do Carme Kruckenberg, ou o portugués Viale Moutinho… Asà mesmo, no ámbito musical pasaron polo festival Suso Vaamonde, EmÃlio Cao, Amancio Prada ou os portugueses José Afonso, Fausto e Vitorino. E grupos como Fuxan os Ventos, Os Diplomáticos, Milladoiro, Chouteira, Carlos Mejia Godoy y los de PalacagüÃna (Nicaragua) ou Manecas Costa (Guiné-Bissau).Vieiros
No Comments
Trackbacks/Pingbacks