Pages Navigation Menu

O pleno da Eurocámara aproba o informe Auken e pide actuacións contra o estado español

Pide conxelar  os fondos comunitarios se non se pon freo aos abusos urbanísticos e non se revisan os plans que prexudican o medio ambiente

O pleno do Parlamento Europeo aprobou por unha ampla maioría de 349 votos a favor, 110 en contra e 114 abstencións un informe que pide conxelar os fondos comunitarios para España se non se resolven os abusos urbanísticos denunciados en Bruxelas por cidadáns de varios países da UE. O informe contaba coa oposición de socialistas e populares españois, que non lograron convencer ao resto de eurodiputados dos seus respectivos partidos doutras nacionalidades de que votasen en contra.

Trátase da terceira vez que o pleno da Eurocámara denuncia os abusos urbanísticos en España na actual lexislatura. A primeira foi en decembro de 2005 e a segunda en xuño de 2007.

A resolución, elaborada pola verde danesa Margrete Auken, pide suspender e revisar todos os novos plans urbanísticos en España que non respecten o medio ambiente e non garantan o dereito á propiedade, así como a anulación dos desenvolvementos urbanísticos en curso que non se axustan á lexislación comunitaria. Denuncia ademais que os dereitos de propiedade non están adecuadamente protexidos pola lexislación española e que o sistema xudicial non dá respostas aos casos de abusos.

Socialistas e populares españois presentaran resolucións alternativas para suavizar o contido do informe, pero ambas foron rexeitadas. A do PP foi rexeitada por 393 votos en contra e só 126 a favor. A do PSOE contaba a priori co respaldo de todos os socialistas europeos. Pero xusto antes da votación, o laborista británico Michael Cashman anunciou que retiraba o seu nome do texto do PSOE e pediu que se votase o informe Auken sen cambios. A alternativa socialista foi derrotada por 436 votos en contra e só 72 a favor.

O informe Auken denuncia que “todas as administracións –central, autonómica e locais– son responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible, que tivo gravísimas consecuencias, por suposto ambientais e, ademais, sociais e económicas”.

Os eurodiputados expresan en particular a súa “preocupación pola situación da planificación urbana no municipio de Marbella, en Andalucía, onde se construíron ilegalmente decenas de miles de vivendas, que infrinxen probablemente a lexislación comunitaria”.

Tamén se censura que algunhas urbanizacións construíronse en zonas protexidas pola rede Natura 2000, como as urbanizacións en Cabo de Gata (Almería) e Murcia.

A resolución indica que a falta de “claridade, precisión e seguridade xurídica” na lexislación vixente en España no que se refire ao dereito de propiedade e a falta dunha aplicación adecuada e coherente da lexislación ambiental son as causas de moitos dos abusos urbanísticos. Todo iso, sumado á “laxitud” nos procedementos xudiciais, “xerou unha forma de corrupción endémica”.

O informe critica ademais que as autoridades xudiciais españolas “non están debidamente preparadas” para tratar os casos de abusos urbanísticos, que os tramitan con demasiada lentitude e que “as sentenzas ditadas en moitos destes casos non poden executarse de forma que compensen ás vítimas de tales abusos”.

“Iso reforzou a impresión, compartida por moitos cidadáns da UE de nacionalidade non española, acerca da falta de actuación e parcialidad da Xustiza española”, prosegue o texto.

Para facer fronte a estes problemas, a Eurocámara “pide ás autoridades españolas que se derroguen todas as figuras legais que favorecen a especulación, talles como o axente urbanizador”.

Tamén se insta a revisar “urxentemente” e a modificar a Lei de Costas “a fin de protexer os dereitos dos lexítimos propietarios de vivendas e daqueles que posúen pequenas parcelas en zonas da costa que non teñen un impacto negativo sobre o medio ambiente costeiro”.

Así mesmo, os eurodiputados piden ás autoridades rexionais e nacionais que poñan en marcha mecanismos para “axilizar o acceso á Xustiza e a indemnización ás vítimas de abusos urbanísticos en virtude da aplicación da lexislación en vigor” Europa Press

13 Comments

  1. a min paréceme unha burrada o informe auken.

    É denigrante e vergoñento porque trata de defender os intereses dos especuladores europeos, que invisten en vivenda no mediterráneo, e fan medrar os prezos da vivenda.

    ¿Podería alguén colgar o informe auken na web de galizanonsevende para que todo o mundo o lese con atención?

  2. Estimado Miguel.:
    É certo que unha das cousas do informe Auken versa sobre a defensa dos intereses deses compradopres europeos en España. Pero non é esta a única motivación do informe e parece ser que es ti quen non o leu. transcribo algunhas referencias do informe:
    Déronse moitos casos en que todas as administracións, central, autonómicas e locais foron responsables de pór en marcha un modelo de desenvolvemento insostible, que tivo gravísimas consecuencias, por suposto ambientais e, ademais, sociais e económicas.
    mputación de cargos contra funcionarios locais corruptos quen, polas súas accións, facilitaron desenvolvementos urbanísticos non reglamentados sen precedentes en detrimento de os dereitos dos cidadáns da UE, que levaron danos irreparables á biodiversidade e a integridade ambiental de moitas rexións de España.
    Moitas desas urbanizacións atópanse lonxe de zonas urbanas consolidadas e esixiron uns gastos notables en servizos básicos como electricidade, auga e infraestruturas viarias; que estes investimentos adoitan beneficiarse de financiamento comunitario.
    a maioría dos plans urbanísticos denunciados polas peticións levan a recualificación de chan rural a chan urbanizable, para o proveito económico considerable do axente urbanizado.
    E un longo etecétera.
    E xa sobre o sdereitos dos especuladores europeos, sobre os cales non serei eu quen os defenda, pero non pode ser que o gioberno español estea a vulnerar uns dereitos universais coa aplicación retroactiva dunha lei?

  3. Hoxe é un día histórico e de esperanza para todos os que estamos nesta loita e para todas aquelas persoas que aman, valoran ou defenden a natureza, o patrimonio cultural e o propio país.
    E tivo que ser unha muller e non española ou galega senón danesa a que liderara e defendera un Informe contra o urbanismo salvaxe que ten lugar en todo o Estado nunha época que será, sen dúbida lembrada comoa da “barbarie e salvaxismo ambiental e urbanístico” de toda a nosa Hª.
    É un Informe obxectivo, os nosos políticos din que “feroz e moi duro!” mais non tanto como o que eles fan ou permiten, iso si que é feroz e duro ademais de irreversible e de deixar aos cidadáns en situación de indefensión porque teñen ata a Xustiza controlada e, por iso, non funciona e a Comisión,cómlice e consentidora das súas desfeitas, concedendo “alegremente” fondos para destruir o noso patrimonio natural ou cultura ou facilitando proxectos de especulación salvaxe e brutal destrución do territorio…todo iso denúnciase nese Informe, por primeira vez, especificando que están implicadas as 3 administracións, que ninguén defende o interese xeral, o patrimonio etc., que ata os espazos protexidos se destrúen neste país e que a cidadanía española non acredita na xustiza que ademais de lenta é inoperante para estes casos e non está preparada para resolvelos….
    Pero o máis importante é a proposta de retirar ou suspender os fondos europeos ao noso país e CCAA POR ESTA RAZÓN, O QUE XA PEDÍRAMOS OS ECOLOXISTAS GALEGOS NO ANO 2001, POIS É A ÚNICA MANEIRA DE QUE OS POLÍTICOS ESPAÑOIS SE TOMEN EN SERIO O MEDIO AMBIENTE, E O URBANISMO.
    TAMÉN LEMBRA QUE O MESMO PARLAMENTO PODER FACER ALGO IMPORTANTE, DESVIANDO OS FONDOS PARA QUE VAIAN ONDE DEBEN ….
    É só un 1ª paso, mais fundamental dun camiño cheo de dificultades e problema que temos a cidadanía que percorrer con decisión e valentía, mesmo con grandes e multitudinarias movilizacións, Iniciativas, medidas de accións etc. para salvar a costa virxe, os espazos protexidos, o parimonio que nos queda e para impedir o modelo marbellÍ por todas partes que os 3 partidos nos queren impoñer.
    Moitas entidades ecoloxistas, de defensa do patrimonio, sociais contra a especulación ou os abusos urbanísticos etc.están de noraboa porque acábase de confirmar a autoridade moral que tiñan cando denuciaban tanta corrupción, especulación e destrución….
    Os grandes especuladores xa fan os negocios cos políticos corruptoos, cando non cas mesmas administracións directamente, sen problemas, non son o caso de tantos cidadáns, especialmente doutros países europeos que xuntaron os aforros de toda unha vida (a maioría son xubilados) para mercar unha vivenda que logo non era súa, quedaban sen ela ou lles aplicaba o axente urbanizador etc. Lembramos, por outra banda, que “casualmente” a única Lei que queda do franquismo é a LEI DE EXPROPIACIÓN, IMPENSABLE NOUTRO PAÍS EUROPEO E QUE O AXENTE URBANIZADOR FOI DECLARADO ILEGAL POLO MESMO TRIBUNAL EUROPEO.
    Dende esta páxina queremos felicita á Sra. AUKEN, do grupo deo VERDES e a todos os eurodiputados que son unha maioría aplastante que nos se deixaron mangonear, que con ética defenderon os que case ningún político español fai, unha causa nobre e xusta con independencia.
    Agora só falta levar a cabo esas medidas e facer cumprir as Directivas ambientais, impedir a destrución dos nosos espazos protexidos ou patrimonio e moi especialmete, retirar os fondos europeos a un país e clase política que os emprega da peor maneira.

  4. non vou a entrar a seguir falando do informe Auken, creo que xa din a miña opinión, tanto nesta entrada como na entrada “Informe Auken sobre o urbanismo no Estado Español”.

    A preocupación da UE non existe cando se destrúe o mediambiente con portos exteriores ou autopistas ou aeroportos, ou edificios inútiles, financiados todos con fondos europeos.

    Polo tanto hai que buscar a explicación do informe noutro lado, non na protección do medioambiente.

    Por certo, o Comité de Asuntos Xurídicos da Comisión Europea cuestiono xurídicamente este informe (anexo ao propio informe). Se cadra por que son conscientes de que non está defendendo ningún dereito fundamental. Cando alguén se beneficia da libre circulación de capitais en EU, e do fácil acceso á propiedade en España, non pode alegar indefensión cando estas mesmas normas ou criterios se lle aplican a el mesmo.

    Por certo os fondos europeos destínanse a facer burradas, pero tamén financian íntegramente as políticas de rehabilitación, os Plans Urban, as políticas activas de emprego e formación que fan os Concellos e as CCAA, e boa parte da política asistencial que se aplica en España.

    Repito a miña proposta de hai uns días:

    Elaboremos entre todos os colectivos da plataforma un informe dos dislates mediambientais que hai en Galicia e presentémolos diante da UE para que resolvan en consecuencia.

  5. O informe Miguel, é isto tamen é interesante, é a primeira resposta desde as institucións europeas a un modelo urbanístico demencial. Aquí, en Galicia ou no conxunto do Estado español, aínda non fomos capaces de plantexar, desde as institucións, algo similar, cando ademáis, como tamen di o informe, a construcción e o ladrillo están na orixe da crise. Que desde os órganos comunitarios se tire das orellas ao Estado español, paréceme ben, e que se ameace con retirar os fondos comunitarios tamen. Outra cousa, pero isto xa pertence a outra loita (todo chegará), é a defensa dos dereitos de propiedade e, como dis, dos intereses especulativos dos cidadáns europeos. Iso, por desgraza, é un dos piares do sistema.

  6. Creo que a estas alturas da “discusión” xa pouco hai que dicir. Pero si apuntar a idea que Miguel lanza sobre un ionforme galego. Na pasada reunión de GNSV acordouse formar unha comisión de urbanismo da que Fusquenlla sería a responsábel. Esta comisión pode e debe comezar a traballar elaborando un informe sobre a situación e as consecuencias do urbanismo desaforado que se implantou en Galiza. Un labor inxente que require de moitas mans e cabezas para levalo a cabo. Por suposto Miguel Reimúndez está convidado a aportar as súas ideas e coñecementos que, seguro, servirán para enriquecer o traballo

  7. É certo o que di Miguel, de que ademais do tema do urbanismo hai moitas outras desfeitas que ata agora, que sepamos, o Parlamento Europeo non criticou e menos impediu, e debe tamén intervir nese e noutros temas como os Plans aprobados ou en vías de aprobación que suporían unha enorme destrución do litoral galego: Plan acuícola, Plan de Portos Deportivos, Plan Mineiro, Plan Sectorial de Vivenda, Plan de residuos…
    Por outra banda, o medio ambiente debe ser considerado un dereito fundamental,( non estaba así considrado na Constitución Europea) senón calquera interese económico estaría por riba del e se podería destruir así ata los espazos protexidos, segundo o que nos informou un experto en dereito internacional. O dereito ao medio ambiente sería un faude, quedaría na vontade dos gobernos estatais.
    Na derradeira asemblea da Rede Galiza Non Se Vende aprobouse tamén a elaboración dunha denuncia e Iniciativa Popular de Defensa do Litoral e Territorio de Galiza, ONDE IRÁ INCLUÍDO O QUE TI PROPÓS Miguel,co obxectivo de presentala ao Comité de Peticións, ao mesmo Parlamento Europeo e á Unesco cun completo Dossier con fotos, documentos e probas de todos os atentados importantes e marbellización das rías que nos queren impoñer, a destrución do noso patrimonio natural, paisaxístico ou cultural, os plans de especulación salvaxe etc.e toda unha serie de medidas elaboradas por todos nos que algúns levamos 3 anos traballando, recollendo propostas non só das distintas entidades que traballan no tema senón doutras e dos mesmos cidadáns.
    Estamos coordinados ca COORDINADORA CIDADÁN EN DEFENSA DO TERRITORIO que agrupa a máis de 600 entidades sobre o tema a nivel estatal que fixeron algo parecido mais limitado ao urbanismo salvaxe sendo moitas propostas importantes recollidas no INFORME
    AUKEN (PÓDESE VER NA SÚA PÁXINA ou en: prensa@nonsevende.org
    Así que o que se pretende conseguir é unha especie de “INFORME AUKEN SOBRE A DESTRUCIÓN DE GALIZA” solicitando a intervención urxente do mesmo Parlamento.
    É un traballo que hai que facer e que terá o apoio de moitos milleiros de sinaturas da cidadanía galega, POIS MOITOS CIDADÁNS DAS RÍAS, CIDADES GALEGAS ETC, PROPUXERON QUE SE DENUNCIARAN TODAS AS BARBARIDADES QUE SE PRETENDE FACER.
    Se estás na Rede e é o te desexo contamos contigo para este traballo, podes dirixirte a este Comite que dinamizará e coordinara esa Comisión, senón estamos abertos ás propostas ou medidas que propoñas ti ou calquera persoa interesada (COMITEDEFENSARIASALTAS@hotmail.com).
    Vai ser necesario que nesta páxina e noutras se anuncie esa Iniciativa e que todo o mundo que o desexe participe.

  8. O informe sobre a situación do urbanismo en Galicia pode tomar como base o mapa da destrucción da web, e ter a axuda dos informes de Destrucción a Toda Costa de Greenpeace e de Bandeiras Negras de Ecoloxístas en Acción.
    Para ilustrar a nova da aprobación do Informe Auken, El Pais sacou un bonito mapa con fotos http://www.elpais.com/graficos/espana/urbanismo/salvaje/Espana/elpgranac/20071108elpepunac_1/Ges/
    aderezado con fotos e explicacións dos fantásticos plans do goberno para parar a destrución da costa.
    Penso que no noso mapa de destrución faltan fotos e non estaría mal pedirlle aos colectivos, con motivo da aprobación de este informe e da redacción do posicionamento da RGNSV ante o novo goberno, unha actualización para facelo o máis impactacte posible (xa o é, e máis sobre o terreo).

  9. Non acredito moito que a declaración do parlamento europeo vaia ter algún efecto. Non acredito que se chegue a algo mais que un amable apercibimento, que se adopten medidas ou que se suspendan as axudas. Non confío no parlamento europeo mais que no español ou no galego. Pódense chegar a levantar os casos de corrupción mais escandalosose ser noticia vinte dias (como un sarampión) para logo ser resoltos ao cabo de sete anos (o que dura unha plaga bíblica) de xeito decepcionante: Ningún imputado pisa a cárcel mais de dous meses ( a preñez dunha gata)e todos tiñan xa a salvo os seus beneficios nun paraíso fiscal. Iso nos casos que claman ao ceo. os outros nada: Non hai unha soa demolición, non se pagan indemnizacións…Na de na. Despois de sete anos de escandaleira, o PSOE non modificou nin un ápice o sistema legal que sustenta esta lacra. Non sacou da escola nin a relixión, que se lle vai pedir….

  10. O economista ecolóxico José Manuel Naredo publicou un interesante comentario sobre o informe Auken, “Vergüenza inmobiliaria nacional”:

    http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/143/verguenza-inmobibliaria-nacional/

  11. Feijoo anuncia o levantamiento da prohibición de construir na costa, un periodista da cope di que non ve estragos polas obras na costa, mais en ben ve estragos pola prohibición de construir.
    E toda unha declaración de intencions, se ademais antes de comenzar xa esta anunciando cousas como facer desaparecer a Conselleria de asuntos sociais, e todo ésto antes da toma de posesión, pois quedo sen comentarios

  12. Todo parece indicar que o señor Feijoo xa traizoou ao pobo galego antes de tomar o poder e esquece que foi éste quen lle deu a maioría absoluta POR DEMÉRITO DOS DEMAIS QUE PERDERON FUNDAMENTALMENTE POR NON LEVAR A CABO O CAMBIO NECESARIO E PROMETIDO, ESPECIALMENTE NAS POLÍTICAS AMBIENTAIS E URBANÍSTICAS QUE SON PRECISAMENTE AS QUE MÁIS MOVILIZACIÓNS TIVERON E AS QUE MÁIS MILLEIROS DE PERSOAS LEVARON Á RÚAS AO LONGO DE TODO O LITORAL E NO INTERIOR, DESTACANDO AS QUE CONVOCOU GALIZA NON SE VENDE ESPECIALMENTE EN COMPOSTELA.
    E por facer todo isto con toda a prepotencia, chulería, nalgúns casos, e “ditadura”, sen escoitar ao pobo,sen pensar no interese xeral, dereitos da cidadanía e, moi especialmente, a principal función que a Xunta ten, plasmada no artigo 1.2 do Estatuto de Galiza e que o Sr. Feijoo debera ter sempre presente:
    “A COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A TRAVÉS DAS INATITUCIÓNS DEMOCRÁTICAS ASUME COMO TAREFA PRINCIPAL A DEFENSA DA IDENTIDADE DE
    GALICIA E DOS SEUS INTERESES E A PROMOCIÓN DA SOLIDARIEDADE ENTRE TODOS CANTOS INTEGRAN O POBO GALEGO”
    Non se defende a identidade de Galiza sendo, sen dúbida, AS RÍAS o seu máximo expoñente,eliminando “as trabas á construción” en primeira liña de costa ou na mesma franxa costeira dos 500m. tanto por seguridade, dada a segura subida do nivel do mar que xa estamos sufrindo como para salvar o litoral virxe que nos queda e os seus valiosos e moi fráxiles espazos protexidos beneficiando así as comunidades onde se asentan durante todo o ano e para sempre como sucede (calquera persoa o pode comprobar)na PAISAXE PROTEXIDA DA COSTA OCCIDENTAL ASTURIANA E NA PAISAXE PROTEXIDA DA ORIENTAL ASTURIANA, onde normalmente se protexen moitos máis metros,alí onde están os espazos naturais ou protexido e as paisaxes máis valiosas.
    Así é cómo non se alimenta a roda da corrupción endémica en que están todas as administracións implicadas, segundo denuncia o INFORME AUKEN aprobado dun xeito aplastante por todo o PARLAMENTO EUROPEO e que lonxe de tomar nota os poíticos, rínse del e lles parece pouca a destrución que
    temos que queren acabar con todo e co noso futuro co obxectivo de enriquecer aos seus
    amigos promotores e,como comprobamos en numerosos casos,a eles mesmos.
    Neste senso, lembramos que en Galiza xa perdimos case toda a costa natural das Rías Baixas e o que fixeron con elas é para chorar
    como ben dixo no seu día o grande sociólogo, Salvador Giner. Mais tamén perdimos unha parte considerable das Rías Altas destacando
    UNHA GRANDE PARTE DA COSTA DE LUGO ASÍ COMO
    DE FISTERRA, CORCUBIÓN , CEE,CABANA, CARBALLO, ARTEIXO, MIÑO, PONTEDEUME, ARES, MUGARDOS,VALDOVIÑO….que á vista de todo o mundo está xa que o bipartito tardou moito en inervir e aprobar a moratoria e lembramos que tan pronto chegou ao poder retirou o plan previsto do goberno anterior onde había unha protección definitiva e supramunicipal de 500m nas rías altas ata Corcubión, que era insuficiente e non tiña no seu programa electoral ningunha LEI DE PTROTECCIÓN DO LITORAL o que demostra as súas intencións.
    Nestas condicións obxectivas descritas, cómo é posible que un futuro presidente da Xunta de Galiza se contradiga tanto, se comprometa a gobernar para todos e a defender e protexer o litoral galego(que é o seu deber e obrigación )e, tralas eleccións manifeste un compromisosó cos grandes promotores e construtores que son os mesmos que nos levaron a esta terrible recesión, para Krugman, depresión conxuntamente ca banca?
    Parécelle poca a destrución do noso litoral, especialmente nos derradeiros 10 anos, totalmente evitable e que o seu partido e o propio MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE ten unha boa parte de culpa?
    Pensa o Sr. Feijoo que a sociedade galega quere a desrución do seu litoral e dos espazos protexidos del ou que llo vai consentir, que é a mesma da época de Fraga?
    Entón, alguén lle ten que advertir a él e a todo o seu goberno que van cometer o maior erro da súa carreira política, que estarían totalmente deslexitimados se pretenden algo así e, polo tanto, a cidadanía está no seu dereito e deber de defender decididamente a súa costa e medio rural, o urbanismo racional e non a marbellización e suicidio económico a onde estes señores parecen que nos queren levar.
    Estamos ante unha situación de emerxencia nacional e isto xa require ante tanto saqueo e corrupción a intervención urxente do mesmo PARLAMENTO EUROPEO, TAMÉN PARA LEXISLAR
    ASUNTOS DESTE TIPO,RETIRANDO OS FONDOS EUROPEOS A ESTA PANDA DE IMPRESENTABLES POLÍTICOS QUE TEMOS POR TODO O ESTADO.
    ADIANTE A MÁIS GRANDE MOVILIZACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE EN DEFENSA DA COSTA E DOS ESPAZOS PROTEXIDOS QUE SON DE TODOS E NON DOS PROMOTORES E POLÍTICOS CORRUPTOS!

Deixa una resposta a denosiña Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.