O Rainbow Warrior e centos de barcos pesqueiros maniféstanse en defensa do Salgueirón en Cangas

A Rede A RÍA NON SE VENDE sumouse á concentración cívica que tivo lugar ás 18,00 h, por terra e mar, no lugar de Cabo Balea-O Salgueirón, na antiga fábrica de MASSÓ en Cangas, en contra do inicio das obras do porto deportivo.A concentración no mar contou coa participación de centos de barcos das confrarías de pescadores e mariscadores de toda a Ría de Vigo, ós que se sumou o buque insignia de GREEENPEACE, Rainbow Warrior.

 O luns, día 25 de maio, iniciáronse as obras do porto deportivo do Salgueirón, baixo a inexplicable protección da Garda Civil. Unha protección Inexplicable, porque se trata da construción ilegal dun porto ilegal, cuxo proxecto se redactou en ausenza do preceptivo Plan de Usos do Porto e Ría de Vigo, porque o proxecto se desenvolve en terreos usurpados ao dominio público, porque non conta cunha avaliación ambiental digna de tal nome, e porque a obra carece da necesaria autorización do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra e das preceptivas licenzas municipais.

A realización deste porto suporía a privatización elitista da costa en beneficio duns poucos, e a destrución ambiental de espazos protexidos valiosos en terra e dun importante banco marisqueiro e de alevinaxe.

Unha destrución inútil dun ben público valioso a prol do beneficio dunha entidade finacieira (CAIXANOVA), dunha inmobiliaria (Marina Atlántica) e dunha administración pública (a Autoridade Portuaria) que ten o mesmo comportamento depredador que as entidades privadas, destruíndo os recursos naturais e públicos na procura do beneficio económico a curto prazo.

A RÍA NON SE VENDE

Máis información en Europa Press

4 Comments

  1. non creo que a causa mereza máis importancia pola presenza do warrior, que por certo veu a apoiar tamén as eólicas mariñas de frijolito

  2. Pode que teñas razón, pero coa presencia do Rainbow logrouse unha cobertura informativa que de outro xeito non se tería, e chamar a atención dos medios sobre o problema e bo.

  3. Eu prefiro a cobertura social á dos medios, que sempre traballan con criterios mercantilistas. Se se quere xogar nese terreo, nada de nada.

  4. chainhas, frijolito nom defende eólica marinha nengumha, nem PSOE e BNG tampouco, estes três o que defendem é o caos eólico terrestre e as térmicas de carvom.

Deixa una resposta a amaia Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.