Pages Navigation Menu

O resentimento de Touriño

O ex-presidente Emilio Pérez Touriño acaba de intervir no Curso de Pensamento Carlos Gurméndez que se celebra en Pontedeume. E fíxoo da forma máis desafortunada posíbel: arrementendo contra Galiza Non Se Vende. Segundo o político xa retirado a rede GNSV xera inmobilismo, é dicir resistencia ao cambio, por non comprender a norma de protección da costa impulsada polo seu goberno. Asemade atrévese a insinuar que esta plataforma está ao servizo do Partido Popular.

Esta última afirmación, a falta de probas minimamente demostradas, sería suficiente para diagnosticar síntomas de paranoia no ex-presidente, un trastorno causado pola frustración de non sentirse comprendido. Un prexuizo do ex-presidente que o convirte en convicción para enarbolalo ante os seus acólitos.

Sentirse a vítima incomprendida e denunciar resistencias internas e da rede GNSV ante a norma de protección do litoral que prohibía construír na franxa dos 500 metros, ademais de falaz é demagóxico. A forte oposición que a rede GNSV amosou á política medioambiental do bipartito tiña outras razóns moito máis poderosas e que desmentían a suposta protección do litoral que electoralmente pregonaba o goberno de Touriño. Tal e como se explicaba no comunicado lido ao remate da manifestación que GNSV convocou en Compostela o 15 de febreiro do 2009,  seguían vivas as nefastas políticas ambientais que devastan os recursos naturais de Galiza e alimentan unha orde social inxusta e insustentábel.

Demostrábase que non existía por parte do goberno a intención seria de preservar o litoral da enorme cobiza das empresas multinacionais. A longa lista de intervencións sobre a nosa costa era unha sucesión interminábel de actos predadores cometidos ao amparo do liberalismo máis salvaxe. Dende a marbellización do litoral ata un Plan Acuícola que poñía en perigo Corrubedo, Quilmas, Corcubión, Merexo, Camelle, Arou, Seráns, Oia, Lira, Camariñas, Muros, Malpica, Valdoviño, Ribadeo…Sen esquecer a plan deportos deportivos que multiplicaba por catro os xa existentes, un plan eólico que ameazaba lugares potexidos, un plan de minería que esquilmaba a terra Cha e a Serra do Courel, a destrución sistemática dos ríos e rías galegos, a instalación de industrias altamente contaminantes e perigosas como reganosa na ría de Ferrol, a creación dun parque de residuos no Ribeiro, ou a creación dos lagos artificiais en As Pontes e Meirama co conseguinte perigo medioambiental e humano que comportan.

Crer que opoñerse a esta despropósito do capital avalado polo goberno de Touriño antes e polo de Feijóo agora é adoptar posicións defensivas demostra a escasa lucidez do ex-presidente á hora de interpretar un fracaso electoral que o apartou do poder. Achacar aos opositores os males propios non lle evitará ao señor Pérez Touriño pasar á historia de Galiza como un fiel servidor dos interese máis espurios, os que están destruíndo os recursos naturais do noso país, a súa biodiversidade e o seu patrimonio humano e cultural.

7 Comments

  1. Só hai dous así no mundo: O Che e Touriño. Heroes da utopía! O PSOE perde con este ilustre unha grande referencia ideolóxica e revolucionaria. Sen el, as prórrogas do litoral non serán xa prórrogas de dous anos, serán prórrogas de ano e medio. Pobres de nós!

  2. O unico que demostra a argumentacion de Touriño e a baixa catadura moral e intelectual dos politicos que temos en Galiza. Seguimos co mismo problema de seculos, somos un pobo descabezado, sin ideas, en desbandada. Mentras vemos a dereita unida e directa para conquerir os seus propositos (cartos e mais cartos), a esquerda estamos despedigados en mil cachiños dos que os fascistas se rien unha e outra vez. Mentras non xunemos nosas forzas, desde a extrema esquerda hasta as poucas esquerdas que poidan quedar no psoe os vende patrias seguiran gobernandonos por seculos.
    E si nestes momentos chegase o goberno central Rajoy, xa podemos empezar a pensar noso ridiculo estado de benestar social e laboral como un solo esquecido, a esclavitude do seculo XXI comenzara asiña e con toda a forza. A xuventude xa deberia saber algo disto.

  3. Non, a dereita non é que vaia directa a conseguir o que quere e os outros non, é que, salvo pinceladas, a “esquerda” maioritaria do PSOE e BNG ten como obxectivo a captura do poder por interese corporativo, cando non persoal, que é o mesmo plantexamento da dereita. Porque con eses ánimos, eses resultados.

    ¿Alguén pensa que o caciquismo local, os nepotismos locais, os despotismos locais, de cada parroquia, alonxados do estado democrático occidental, non se reflexan logo nas candidaturas autonómicas? Temos na Xunta un reflexo das políticas locais, onde triunfa o aproveitamento persoal do cargo.

  4. O PSOE foi o millor garante dos intereses do grande capital no estado español nos derradeiros trinta anos.

    Que agardar deles ?

  5. Pobre Touriño. É triste.

    Pasados dous anos logo de perder as eleccións, ainda non entendeu nada de nada do que significa e reivindica Galiza non se vende.

    Non se pode criticar o que se descoñece e Touriño non quixo nin quere entender a razón de ser e de traballar de Galiza non se vende.

    Que teña coidado Zapatero, porque si fumos quen de botar a Touriño, agora podemos ir contra Zapatero 🙂 Ou será mellor ir xa contra Obama?

  6. Ten toda a razón Touriño, fostedes un cancro para o único goberno que intentou mudar algo o panorama medioambiental galego.
    Estaredes agora contentos con Feijoo e a Consellería de Medio Ambiente reducida a unha dirección xeral. Infantilismo total e absoluto a vosa. Disolvédevos por favor

  7. … Rodríguez Zapatero ?

Trackbacks/Pingbacks

  1. O resentimento de Touriño - [...] O resentimento de Touriño galizanonsevende.org/?p=1012  por Fulano-de-tal o 17:00 CEST [...]

Deixa una resposta a Jose Luis Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.